Num: 6131 | Miércoles 21 de agosto de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

21 novos funcionarios elixiron hoxe destino tras superar as oposicións a distintos postos especializados da Xunta de Galicia

Estes empregados públicos reforzarán as especialidades de biólogos (11), químicos (3), enxeñeiros industriais (4) e subinspectores de consumo (3)

INTERNA 09,30 h.- O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, presidE o acto de elección de destino de diferentes oposicións. No salón de actos nº 2 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. foto xoán crespo 24/07/2019

Un total de 21 novos funcionarios elixiron hoxe destino despois de superar distintos procesos selectivos de acceso a postos especializados da Xunta de Galicia. A Dirección Xeral da Función Pública -dependente da Consellería de Facenda- realizou en Santiago os actos de elección de destino para uns aspirantes que agora reforzarán as especialidades de biólogos, químicos, enxeñeiros industriais e subinspectores de consumo.

En concreto, 11 opositores –que accederán á escala de ciencias, especialidade de bioloxía– elixiron entre 32 destinos ofertados; catro opositores –que accederán á escala de enxeñeiros industriais– elixiron entre nove destinos ofertados; outros tres opositores –que accederán á escala de axentes de inspección, especialidade de consumo– contaron con cinco destinos ofertados; e tres opositores máis –que formarán parte da escala de ciencias, especialidade de química– dispuxeron dunha oferta de 17 destinos.

Nomeamento e toma de posesión

Unha vez realizada hoxe a elección de destino, está previsto que a finais deste mes se publique no DOG o seu nomeamento como funcionarios de carreira, con indicación do posto adxudicado. Estes novos funcionarios deberán tomar posesión do seu destino e incorporarse aos seus postos de traballo no prazo dun mes, que se contará a partir do mes de setembro.

O acto de elección de destino supón a parte final dun proceso selectivo. A medida que os procesos selectivos van concluíndo, a Administración convoca os actos de elección para que as persoas aspirantes que superaron dito proceso poidan elixir un destino entre todos aqueles que se lle ofertan.

No acto de hoxe, que se celebrou no Edificio Administrativo de San Caetano, a elección do destino realizouse por orde, segundo a puntuación final acadada no proceso selectivo por cada aspirante.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: redaccion@elbierzodigital.com.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que el servicio de autobús urbano de Ponferrada debe municipalizarse?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.