Num: 6564 | Martes 27 de octubre de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A 26ª edición do OUFF celebrarase do 26 de setembro ao 2 de outubro de 2021

Manuel Baltar destacou que o Festival de Cine "situou a Ourense como centro de referencia do audiovisual, e como auténtico plató de cinema de Galicia


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar xunto co coordinador artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, e o coordinador técnico, Aurelio Gómez Villar, foron os encargados de facer balance sobre a especial edición do 25 aniversario do Ourense Film Festival (OUFF) e anunciar as datas da 26 edición, do 26 de setembro ao 2 de outubro. O presidente do goberno provincial agradeceu o traballo dos coordinadores e do seu equipo, integrado por máis de 30 persoas, “por cumprir exitosamente e ao 99,99% o programa previsto, executando tódalas propostas incluídas nesta ambiciosa programación, agás a suspensión dos concertos de Luar na Lubre e da Agrupación Musical da Limia por relación directa coa pandemia”.

Manuel Baltar lembrou que esta edición contou con “91 proxeccións, incluídas as curtametraxes, sendo un Festival de Cine máis ourensán ca nunca, coa implicación de empresas de tódolos sectores, e o máis salientable: a implicación do público”. A proba disto é a alta participación na asistencia a salas de proxección, esgotando as entradas na maioría das sesións, pero tamén o corroboran as votacións “9 de cada 10 asistentes votou as películas. E o porcentaxe mais alta dos último anos”.

Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández quixo agradecer “ao presidente Baltar e a todo o equipo do festival pero, especialmente, estamos particularmente agradecidos á resposta da sociedade ourensá. Nestes tempo difíciles é moi gratificante ver como a xente está sensibilizada coa cultura e cumpre cos protocolos”. Tamén fixo fincapé nas sesións matinais, das que “sacamos unha moi boa experiencia e estou convencido de que viñeron para quedarse”.

Tamén destacou “a consolidación do festival como ámbito de referencia para o audiovisual galego” ademais da promoción das películas rodadas en Ourense, como sucedeu este ano coa estrea de “Olvido y León” na gala de inauguración e co avance de “Luarada” e “Non me espera ninguén” na clausura. “Esperamos que para o ano que vén podamos ter tamén algunha película que siga con esta liña e que deber ser xa un trazo diferencial do festival” afirmou. Para a 26 edición anunciou que “pouco podemos adiantar das liñas da próxima edición ante a situación actual pero estamos seguros de que será o inicio do camiño cara outras 25 edicións máis. O que si podemos avanzar é que, ademais do convenio co Festival de Angoulême, manteremos as mesmas liñas de programación e potenciaremos curtas e Fas Muvis”.

Tamén destacou o importante papel da comunicación neste 25 aniversario, xa que “máis de 45 medios se interesaron polo festival, ademais dos medios locais e autonómicos habituais, incrementouse o número de blogs e webs de cine que seguiron a diario o que pasaba no OUFF”. Hai que destacar tamén o importante incremento das interaccións nas redes sociais, o que dá bo exemplo do importante papel que xogan como medio de comunicación directo co público.

Aurelio Gómez Villar salientou “o gran respaldo da Deputación de Ourense e, en especial de Manuel Baltar, xa que sen eles non estariamos celebrando esta 25 edición”. A isto únese “a satisfacción que supuxo, nun ano especialmente difícil, ver a afluencia de xente nas salas e o respecto ás normas. Tamén o tema das votacións, xa que cada ano se valora máis e temos aí un reto complicado”. Por último, que non menos importante, quixo agradecer a axuda de tódolos patrocinadores.

Datos OUFF 2020

PROXECCIÓNS

-Número de películas: 96, incluíndo curtas

-Número de proxeccións: 92.

-Países participantes: 21.

-Executouse o 99% do programa. Só se suspenderon as actuacións musicais de Luar na Lubre e da Agrupación Musical da Limia por relación directa coa pandemia.

Sección oficial

– Porcentaxe de público que votou na Sección Oficial: 89, 20%

– En 2019, fora do 84% e no 2018, dun 80%

– Media do voto do público: 4,20 sobre 5.

– En 2019, 3,95. No 2018, 3,85.

– Película máis valorada: Cartas Mojadas 4,559.

– Esgotaron entradas 21 das 42 proxeccións do Ponte Vella, entre a Sección Oficial e Inédito en Ourense.

– 7 das 10 películas de Sección Oficial esgotaron entradas nalgún dos seus pases.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 04
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 02
NOTICIA 01


NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿A qué cree que son debidos los sucesos, en especial, los fines de semana?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
NOTICIA 03
ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 11

NOTICIA 07
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.