A carreira solidaria do turrón chega á súa 12ª edición

Co obxectivo de bater récords tanto de participación como de apartación de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos
Praza Andrés de Prada

A carreira solidaria do turrón que se celebra o sábado 22 de decembro chega á súa 12 edición co obxectivo de bater récords tanto de participación como de apartación de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Na praza Andrés de Prada, onde se situará a saída da carreira, haberá contedores para que todos os participantes fagan a súa doazón.

A saída para os nenos será ás 17,30 horas, no paseo do Malecón, á altura da Rúa Estación, e a dos maiores ás 18,00 horas, na praza Andrés de Prada. As inscricións e recollida de dorsais poden realizarse ata o venres día 21, no terceiro andar do Edificio Multiusos. Para os que non podan achegarse ata aí, poderán facer a inscrición ata ás 17,00 horas na propia zona da saída.

Todos os participantes entrarán nos sorteos que se farán ao finalizar a carreira e no que se repartirán produtos de Nadal e artigos deportivos. Tamén haberá premios especiais para os participantes máis pequenos e de máis idade, aos que vaian disfrazados con motivos de Nadal tamén recibirán agasallos, aos clubs deportivos e ás empresas que presenten máis participantes.

O obxectivo marcado para este ano é chegar aos mil inscritos, e recoller a lo menos 1 quilo de alimentos por inscrito.