Num: 6076 | Jueves 27 de junio de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A Deputación de Ourense aboará o 100 % do soldo aos seus empregados públicos desde o primeiro día das súas baixas médicas

Esta medida inclúe tamén aos empregados do Inorde, do Consorcio de Augas de Valdeorras e do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e de Salvamento

Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense aboará o 100 % do soldo aos empregados públicos do ente provincial desde o primeiro día das súas baixas médicas, unha medida que pon en marcha a institución provincial e que vén determinada pola resolución da Presidencia pola que se declara de aplicación ao persoal da Deputación de Ourense o réxime de retribución da incapacidade temporal establecido no artigo 146.3 da Lei 2/2015 de 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Segundo confirmou hoxe Jorge Pumar, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado delegado de Administración Provincial, a retribución complementaria das situacións de incapacidade temporal introducida no artigo 6 da Lei 3/2018 de 26 de decembro, resulta de aplicación á Deputación Provincial de Ourense.

O informe técnico elaborado ao respecto sinala que o artigo 6 da Lei 3/2018 de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, modificou o artigo 146.3 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e a nova redacción explicita que as administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación da presente lei aboarán o complemento retributivo desde o primeiro día en situación de incapacidade temporal, acreditada, por enfermidade que, sumado á prestación do réxime xeral da Seguridade Social, acade o 100% das retribucións fixas do mes do inicio da incapacidade temporal.

Desta maneira, con efectos do 1 de xaneiro de 2019 o réxime de retribución complementaria de incapacidade temporal do persoal ao servizo da Deputación de Ourense (e igualmente do Inorde, do Consorcio de Augas de Valdeorras e do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e de Salvamento) é o establecido polo artigo 146.3 da Lei do Emprego Público de Galicia na redacción dada pola Lei 2/2018, de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Dito réxime é de aplicación automática, sen que proceda a negociación colectiva ao respecto.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree acorde y adecuado el pacto a tres bandas en Ponferrada?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.