Num: 6564 | Martes 27 de octubre de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A Deputación pon en marcha o Comité Técnico Provincial para a avaliación e planificación das áreas de traballo

O novo órgano executivo, que todas as semanas reunirá aos responsables dos distintos departamentos da Deputación, terá como principal obxectivo facer unha análise do funcionamento dos servizos provinciais

Reunión constitutiva do Comité Técnico Provincial da Deputación Ourense.

A sala de xuntas da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a reunión constitutiva do Comité Técnico Provincial, un novo órgano executivo que terá como principal obxectivo facer unha detallada análise do funcionamento de todos os servizos provinciais, “marcando todas as semanas as liñas estratéxicas de traballo nun contexto de adaptación continua ás actuais circunstancias de pandemia”, explicou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que tamén preside o comité.

Dada a implicación de todos os departamentos da institución provincial, este novo órgano executivo está formado polos responsables das áreas nas que se estrutura orgánicamente a Deputación. O grupo de traballo ten como vicepresidente ao deputado delegado de Administración Provincial e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, estando tamén integrado polo secretario xeral e mailo vicesecretario, os responsables das áreas de Benestar, Transparencia e Goberno Aberto, Medio Ambiente e Infraestruturas, así como tamén a interventora e o tesoureiro.

Cada luns, o Comité Técnico Provincial avaliará e planificará o desenvolvemento do traballo na Deputación, implantando as medidas que se consideren necesarias e analizando o estado dos plans e programas que xa están en marcha, “contemplados nas directrices de acción política do plan de mandato 72-73, ao que non renuncia este goberno provincial e que procura a súa adaptación ás circunstancias sanitarias, económicas e sociais”, subliñou o presidente da Deputación.

Manuel Baltar destacou que desde o inicio da pandemia “a institución provincial e o grupo de goberno deron mostras da súa capacidade de adaptación a esta crise sanitaria e ás súas consecuencias, poñendo en marcha un amplo paquete de medidas para axudar aos concellos, ás empresas e entidades sociais”. Agora, puntualizou, nesta segunda ola da Covid-19, o Comité Técnico Provincial facilitará a intercomunicación entre todas as áreas de traballo e garantirá o correcto funcionamento de todos os programas incluídos na carta de servizos da Deputación, que ten como principal destinatario aos concellos, pero sobre todo aos ourensáns como beneficiarios”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 04
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 02
NOTICIA 01


NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿A qué cree que son debidos los sucesos, en especial, los fines de semana?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
NOTICIA 03
ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 11

NOTICIA 07
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.