Num: 6414 | Sábado 30 de mayo de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

ÚLTIMOS DATOS SOBRE CORONAVIRUS (COVID-19) EN CASTILLA Y LEÓN

POSITIVOS
25538
FALLECIDOS
2003
ALTAS
8223


Teléfono de atención 900 222 000

MÁS INFORMACIÓN

A partires do 11 de maio poderán tramitarse os permisos de queimas nos terreos rústicos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta a suspensión


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta, a partires do vindeiro luns, día 11 de maio, a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos decretada desde o pasado 16 de marzo.

Así, a partir deste próximo luns xa se poderán realizar de novo as comunicacións de queimas en terreos agrícolas e solicitar as autorizacións para terreos forestais, uns trámites que permanecían ata o de agora en suspenso a causa da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus.

A Xunta tomou esta decisión tendo en conta a propia extensión da duración temporal do estado da alarma, os datos de evolución positiva da emerxencia sanitaria e as últimas medidas adoptadas polo Goberno central. Tamén se contemplou a incorporación de persoal de reforzo para actuacións de prevención e extinción de incendios por un período de 6 meses, a partir do vindeiro 11 de maio, xunto coa próxima incorporación ao servizo activo dos axentes forestais e persoal técnico de distritos, feitos que permiten retomar as actuacións de queimas en terreos rústicos.

Para iniciar a tramitación e en tanto non estean abertas ao público as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías, ou ben chamar ao teléfono 012 ou ben empregar a vía telemática dende o enderezo web https://queimasweb.xunta.gal.

Enlace á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200508/AnuncioG0426-070520-0001_gl.html

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: [email protected].

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 02
NOTICIA 04
NOTICIA 06
NOTICIA 03
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Cree en la crisis económica tras el coronavirus?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 08
NOTICIA 09
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.