Num: 6131 | Miércoles 21 de agosto de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 menores de 35 anos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste neste programa pioneiro 2M€ que permitirá especializarse e acceder ao mercado laboral a persoas con titulación universitaria ou de técnico superior de FP


A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsará, a través do Igape, abre mañá o prazo de solicitude do programa pioneiro co que se busca impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a iniciativa destinada á especialización e o acceso ao mundo laboral dos menores de 35 anos con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP).

A través desta liña de axudas, denominada Profesionais 4.0, e dotada con dous millóns de euros, incentivarase a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústeres, para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no eido da Industria 4.0.

As iniciativas de mellora poderán desenvolverse en áreas tan variadas como a optimización financeira, a profesionalización da produción e a cadea loxística, o desenvolvemento de procesos e sistemas de xestión da calidade, a identificación e posta en marcha de redes de cooperación e socios, a aposta polo capital humano, o asesoramento integral ao proceso emprendedor, a dixitalización ou creación de contidos dixitais e a incorporación efectiva de tecnoloxía, entre outros.

O prazo de solicitude para optar a estes apoios rematará o próximo 7 de outubro. A porcentaxe da axuda poderá acadar o 75% da retribución bruta do período subvencionable, cun límite de ata 16.000 euros, e cada entidade poderá optar a un máximo de cinco contratos incentivados, cunha duración dun ano cada un.

A iniciativa enmárcase na nova Axenda 4.0, para cuxo desenvolvemento a Xunta destinará 350 millóns de euros entre 2019 e 2022 e que ten como principais obxectivos anticiparse aos cambios do novo modelo, aumentar o tamaño das empresas, favorecer a aposta polo talento dixital e contribuír á reinvención do tecido industrial galego e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico, retos todos eles que se poderán lograr a través do novo programa.

De feito, Profesionais 4.0 súmase a distintas iniciativas impulsadas pola Administración autonómica para favorecer a retención de talento na Comunidade e o desenvolvemento da carreira profesional da xente moza, ao tempo que se estimula a súa incorporación ao tecido empresarial, mellorando así a súa competitividade. Entre estas iniciativas destaca o Principia; a través da súa cuarta convocatoria, a Axencia Galega de Innovación (Gain) apoia a contratación de 110 persoas mozas cualificadas de ata 35 anos de idade para a realización de actividades de I+D+i en 77 empresas e organismos de investigación de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: redaccion@elbierzodigital.com.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que el servicio de autobús urbano de Ponferrada debe municipalizarse?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.