Num: 6526 | Sábado 19 de septiembre de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A Xunta activa por segundo ano consecutivo o plan propio de control de vendima nas cinco denominacións de orixe galegas

Tratarase de evitar situacións fraudulentas que se poidan producir e que desvirtúen o sistema xeral de control da calidade diferenciada dos viños galegos con denominación de orixe


A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), pon en marcha por segundo ano consecutivo un plan propio de control de vendima nas cinco denominacións de orixe vinícolas de Galicia. Así o trasladou esta mañá en Pontevedra o conselleiro en funcións, José González, nunha xuntanza de presentación dos principais contidos do plan aos membros do Consello Regulador da Denominación de Orixe (CRDO) Rías Baixas e na que estivo acompañado polo presidente deste consello, Juan Gil de Araújo; o secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro; e o director técnico, Agustín Lago.

Neste senso, o conselleiro subliñou que haberá unha segunda xornada de presentación do plan o vindeiro martes, 8 de setembro, na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) cos membros do resto das denominacións de orixe vinícolas de Galicia (Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei).

Así, o titular de Medio Rural trasladou que para este control na vendima, xa comezada nalgunhas zonas, contarase cun grupo de 15 persoas entre inspectores de campo e técnicos de coordinación, ademais do persoal propio da Agacal, para evitar posibles situacións fraudulentas que se poidan producir e que desvirtúen o sistema xeral de control da calidade diferenciada dos viños galegos con denominación de orixe.

Dito plan, dotado cun orzamento de 180.000 euros, desenvolverá en coordinación cos propios consellos reguladores diversas accións dirixidas a comprobar que se cumpran as normas de vendima, as disposicións do prego de condicións da Denominación de Orixe correspondente, así como o seu regulamento e as distintas instrucións que procedan para o ano 2020. Polo tanto, o conselleiro insistiu en que dita acción “complementa e apoia os plans de control que teñen todas as denominacións de orixe de viño galegas”.

Nesta liña, José González indicou que os primeiros traballos irán encamiñados a verificar a situación real de produción na totalidade das parcelas correspondentes aos viticultores seleccionados a través dunha mostraxe, de forma aleatoria e dirixida de acordo cunha análise de risco a determinar polos propios consellos reguladores.

Desta forma, asegurou o conselleiro, estimarase a posible colleita de todas as fincas que pertenzan aos viticultores inscritos seleccionados e cotexarase posteriormente coa produción real que se entrega en adega. Ademais, durante a vendima realizaranse diferentes controis, tanto nas adegas coma nos diferentes centros de provisión. Por último, tamén se realizarán controis de transporte terrestre de uva e/ou mosto, nas proximidades das adegas e en zonas fronteirizas.

Así mesmo, José González quixo deixar claro que este plan de control non se centra en perseguir a ninguén, pero é preciso aplicar o máximo rigor nestes traballos co fin de evitar situacións fraudulentas que se poidan producir e que poidan desvirtuar o sistema xeral de control, matizou. Así, en caso de irregularidades, os informes elaborados e a diversa información recollida servirá de apoio aos departamentos da Agacal e da propia Consellería do Medio Rural responsables da calidade diferenciada e do control de posibles situacións fraudulentas.

Finalmente, o titular de Medio Rural destacou que as previsións para esta vendima son moi boas, tanto en cantidade como en calidade. Neste senso, sinalou que grazas a esa calidade dos viños galegos, a baixada no consumo foi menor da que nun primeiro momento se estimaba. Deste xeito, reiterou que en Galicia non é preciso destilar viño nin facer podas en verde, tal como propoñía o Goberno central, senón que a Xunta está traballando no impulso da comercialización deste produto con selo de calidade. Ademais, o conselleiro tamén sinalou que dende o seu departamento se está elaborando un instrumento financeiro para garantir e facilitar a recollida das uvas ás distintas bodegas, co fin de que poidan pagar o froito a prezos habituais de mercado.

Estratexia de dinamización

O titular de Medio Rural lembrou que este traballo en concreto e a aposta pola calidade en xeral enmárcanse nas principais liñas estratéxicas da Consellería do Medio Rural a prol do sector do viño. Neste senso, sinalou que está en marcha a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que ten na calidade un dos seus sinais de identidade fundamentais.

Trátase dunha actuación conxunta entre o sector e as consellerías de Economía, Emprego e Industria, de Cultura e Turismo e do Medio Rural, xunto coa Fundación Juana de Vega, que conta cun orzamento de máis de 700.000 euros para reforzar a dimensión internacional, turística e territorial do viño galego e que se verá implementada a través do Plan de reactivación e dinamización do medio rural.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: [email protected].

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 09
NOTICIA 02
NOTICIA 10
NOTICIA 04
NOTICIA 08
NOTICIA 06
NOTICIA 03
ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 11

EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Está de acuerdo con el cierre de establecimientos de ocio a las 2 de la mañana?

Cargando ... Cargando ...
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.