Num: 6136 | Lunes 26 de agosto de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A Xunta impulsa novas accións para loitar contra a violencia de xénero no medio ruralEscoitar

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, asinaron un convenio de colaboración neste sentido


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, asinaron hoxe un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar novas medidas para loitar contra a violencia de xénero e fomentar a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito rural. No acto estiveron acompañados pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

O obxectivo deste acordo, dotado con algo máis de 780.000 euros, é seguir fomentando o compromiso transversal do conxunto do Goberno galego na execución do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Neste marco, xa se foron asinando outros acordos para poñer en marcha actuacións específicas en eidos como a cultura, o turismo, a educación, a vivenda, o deporte ou as políticas sociais.

Entre outras medidas, ao abeiro deste convenio executaranse campañas sobre detección e prevención da violencia contra a muller no ámbito rural e accións de información sensibilización e formación sobre esta cuestión a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural.

Tamén se impulsará a posta en marcha dun programa de contratación de mulleres que sufriran violencia de xénero en empresas e/ou entidades forestais e agrogandeiras, co obxectivo último de defender o dereito das mulleres, tamén no rural, a vivir en igualdade e a salvo da violencia de xénero.

A Xunta reafirmou o seu compromiso por seguir traballando para potenciar o papel da muller no agro e loitar contra a violencia de xénero, moi especialmente entre o rural e a mocidade, dous ámbitos onde os estudos constatan que é necesario facer máis fincapé.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que el servicio de autobús urbano de Ponferrada debe municipalizarse?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.