Num: 6526 | Sábado 19 de septiembre de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A Xunta reforza a Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso con 158 unidades máis e a incorporación de 240 novos profesores

O obxectivo é garantir a calidade do ensino e adoptar as medias establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio da actividade lectiva


 A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de autorizar a creación ou habilitación de 158 novas unidades (grupos de clase) en centros públicos de educación Infantil, Primaria e Educación Especial, o que levará consigo a incorporación de 240 novos mestres o vindeiro curso escolar. Con esta medida, o Goberno galego reforza os medios destinados ao sistema educativo co obxectivo de garantir a calidade do ensino así como cumprir coas medidas establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio da actividade lectiva nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21.

O reforzo no caso da educación secundaria concretarase en setembro, tendo en conta que é nese momento cando se dispón dos datos definitivos logo do peche da matrícula na totalidade dos centros, unha vez rematadas as probas de recuperación.

A estas medidas súmanse outras da consellería como a iniciativa Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de primaria e secundaria (ARCO). Trátase dun instrumento de apoio aos centros para a mellora do rendemento académico que complementa os Contratos-Programa, e que lles permitirá aos centros contar con 543 docentes de apoio contratados no curso 2020-2021 (221 para Primaria e 322 para ESO).

Escolas Unitarias

Así mesmo, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.

Tendo en conta os datos de matrícula, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo 2 escolas unitarias, debido ao baixo nivel de alumnado nestes centros. Trátase, na provincia da Coruña, das EEI de Luaña (Brión, 5 matrículas) e EEI de Comiáns (A Laracha, 5 matrículas). Cómpre sinalar que a Consellería mantén, un ano máis, o criterio de que haxa como mínimo seis alumnos matriculados.

Ademais das unidades que se modifican a través da citada orde (creacións ou supresións), habilitaranse unidades específicas para facilitar o desdobramento de aulas, reforzándose especialmente a dotación de profesorado de cara ao vindeiro curso 2020-2021, para facer fronte á situación creada pola COVID-19 e adoptar deste xeito medidas de prevención e seguridade nas aulas.

Os datos globais das unidades por provincias son os que a seguir se detallan:

Provincia
Balance Creacións/Supresións
Balance
Habilitacións
Totais
A Coruña
+14
+102
+116
Lugo
+6
-3
+3
Ourense
0
+18
+18
Pontevedra
-6
+27
+21
TOTAIS
+14
+144
+158

NOTICIA 09
NOTICIA 02
NOTICIA 10
NOTICIA 04
NOTICIA 08
NOTICIA 06
NOTICIA 03
ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 11

EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Está de acuerdo con el cierre de establecimientos de ocio a las 2 de la mañana?

Cargando ... Cargando ...
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.