Num: 7789 | Martes 5 de marzo de 2024
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A Xunta resolve as axudas para as 30 primeiras casas do maior que darán asistencia diúrna a 150 maiores con dependencia

Na provincia de Ourense, con máis da metade, se instalarán en Sarreaus, Rairiz de Veiga, Os Blancos, Punxín, Piñor, A Teixeira, Xunqueira de Ambía, A Veiga, A Gudiña, Laza, Cenlle, Xunqueira de Espadanedo e Castrelo de Miño

Senior person thanks the nurse for help during a meeting in a nursing home

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a resolución das axudas para as 30 primeiras casas do maior, que se instalarán en 25 concellos de menos de 5.000 habitantes, e darán asistencia a 150 maiores con dependencia.

Seguirán, dixo, a estela e filosofía das actuais casas niño, pero adaptadas as persoas maiores de 60 anos que se atopan en situación de dependencia moderada ou severa (graos I e II). Así mesmo, fixo fincapé en que estes centros funcionarán un máximo de 8 horas cada día, con flexibilidade horaria e con todas as garantías de seguridade e calidade esixibles.

Os municipios beneficiados serán na provincia da Coruña os de Laxe, Vilarmaior, Aranga, Trazo, Santiso e Monfero. Na provincia de Lugo os concellos de Portomarín, Cervantes, O Páramo e As Nogais. Na provincia de Ourense, que contará con máis da metade, os de Sarreaus, Rairiz de Veiga, Os Blancos, Punxín, Piñor, A Teixeira, Xunqueira de Ambía, A Veiga, A Gudiña, Laza, Cenlle, Xunqueira de Espadanedo e Castrelo de Miño. E, finalmente, na provincia de Pontevedra os de Arbo e Pazos de Borbén.

En total, a Xunta investirá nestes centros máis de 1M€, dos cales, 400.000 euros destinaranse a apoiar os investimentos necesarios para adecuar as casas e os 600.000 euros restantes permitirán o desenvolvemento da súa actividade.

Feijóo concluíu a súa intervención congratulándose da boa acollida que tivo esta convocatoria ao tempo que adiantou a intención do executivo de volver a lanzar esta convocatoria no 2019 para que antes de que remate a lexislatura Galicia conte con 60 casas do maior.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2024 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.