Aberto o prazo para a inscrición para o examen da Certificación Galega de Competencias Dixitais

No Barco o examen celebrarase na Aula Cemit o día 15 de novembro, e hai 15 prazas
Persona con un ordenador
Persona con un ordenador. Pixabay

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca varias prazas para obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia o 3 de outubro, está aberta aos cidadáns en xeral que, pola súa experiencia ou pola formación adquirida por diferentes medios, xa posúen os coñecementos necesarios no manexo das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice, pero non teñen titulación.

As probas celebraránse os días 13, 14 e 15 de novembro, en diversas quendas de mañá e tarde, nas localidades con aula CeMIT. No caso do Barco, o examen será o 15 de novembro, as 10,00 da mañá na Aula Cemit (Edificio Multiusos, segundo andar), e hai en total 15 prazas.

A inscrición poderá realizarse a través de internet, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede (https://cemit.xunta.gal).

Entre as persoas inscritas –no caso de que se superara o número de prazas convocadas- realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda.

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compeñen o CODIX como casos prácticos e test de exemplo.