Num: 5854 | Sábado 18 de noviembre de 2018
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Abubukaka presenta en clave de humor un drácula transgresor

O grupo máis mediático e recoñecido do teatro canario, vai estar con Drácula de xira por Galicia


Abubukaka presenta o sábado 3 de novembro (20h) no Teatro Lauro Olmo o seu novo espectáculo Drácula, unha adaptación en verso da celebérrima obra de Bram Stoker pero, sobre todo, unha temeridade que ousa arrincar ao Conde das súas tebras a base de risas. Esta obra viu, por primeira vez, a luz en outubro de 2017 coa súa estrea absoluta no Teatro Guimerá de Santa Cruz de Tenerife. Unha produción ambiciosa que, como xa fixera con anteriores exitosos espectáculos “A Familia Tradicional” e “Heidi”, rompe coa afeita segmentación en skecths que caracteriza á compañía e mostra unha trama continua que zigzaguea entre os icónicos personaxes aos que o noso protagonista mordisquea.

Esta adaptación en verso do coñecido clásico leva máis de 20 funcións e vírona máis de 10.000 espectadores. Busca dar unha volta ao cliché do “amor romántico” para converterse nunha comedia transgresora cunha mirada crítica sobre a igualdade de xénero.

Drácula de Abubukaka é o que todos sabemos de Drácula, toda a imaxinaría que abigarra a catedral erixida en honra ás sombras por tantos mitos, lendas, libros, películas, cómics… o único é que Abubukaka non só quere iluminar esa catedral, senón que pretende bailar un vals vehemente sobre as laxas para que cada paso reverbere con grandilocuencia na súa bóveda. A vea romántica de Abubukaka non dá tanto como para alcanzar o sublime, polo menos non pola parte do belo, algo podería rabuñar pola outra parte, pola parte do ominoso, pero onde si que desexa fincar o dente Abubukaka é na arteria principal da moralidade. A quen presuman de ser axentes do ben vai dirixido a montaxe, pois demandamos axuda para despexar as nosas dúbidas. Preguntaremos en nome de Lucy canto custa a veleidade, en nome de Jonathan canto a dilixencia e o sometemento ejemplarizante, deixando para van Helsing a fiabilidade do certo, para Mina o abismo do amor e para Vlad Dracul o peso enteiro da humanidade. Até tales escuridades anhela levar Abubukaka a todos os que queiran soñar o ceo desde o noso cadaleito. Agora ben, non se asusten, todo será entre risas e bromas, temos preparados un banco de chistes para entreter a cabezada. Lírenos Deus de que a nosa adaptación de Drácula sexa un morto! En todo caso será un non morto.

NOTICIA 11
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 07
NOTICIA 08
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 02
NOTICIA 06
NOTICIA 09
NOTICIA 13
la encuesta

¿Considera que Las Médulas están explotadas como recurso turístico del Bierzo?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 05
la viñeta
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 04
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2018 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.