Num: 6189 | Viernes 19 de octubre de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Aprobados tres proxectos europeos nos que participa a Deputación de Ourense, por un importe de máis de 4,3 millóns de euros

Manuel Baltar afirma que estas actuacións –orientadas á realización de programas empresariais e medioambientais- "suporán un pulo económico e de sostibilidade para a provincia, e encaixan coas claves da xestión do goberno provincial: cooperación, planificación e territorio"


A Deputación de Ourense participa en tres proxectos europeos, en materia empresarial e medioambiental, nos que se investirán 4.368.000 euros, que serán sufragados ao 75% polos fondos FEDER. Estas iniciativas, pertencentes á segunda convocatoria do Programa Interreg V A España Portugal (POCTEP), denomínanse “Fronteira esquecida”, “Nova TFE” e “Emprende Makers”, “actuacións que suporán un importante pulo para o desenvolvemento económico e sostible da provincia de Ourense, e que encaixan coas claves da xestión do goberno provincial: cooperación, planificación e territorio”, afirma Manuel Baltar.

O proxecto “Nova TFE” de novas oportunidades de negocio para pemes baseadas en tecnoloxías facilitadoras esenciais, ten como obxectivo potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. “Trátase de mellorar a participación do tecido empresarial nos procesos de innovación e nas actividades de I+D+i próximas ao mercado”, explica Manuel Baltar, mentres que o proxecto denominado “Fronteira esquecida” pretende actuar no ámbito medioambiental e turístico, coa finalidade de conservar e protexer o medio ambiente, e promover a eficiencia dos recursos. Este proxecto traballará a prol da protección e a posta en valor do patrimonio natural e cultural como soporte da base económica da rexións transfronteirizas, e conta con oito socios, entre os cales a Deputación de Ourense é o beneficiario principal.

Por último, “Emprende Makers” ten como obxectivo “mellorar a competitividade das pemes e as condicións para a aparición de novas iniciativas empresarias”, destaca Baltar, “e favorecer tamén un espazo que fomente a creación de iniciativas innovadoras na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”. Na mesma liña, o vicepresidente segundo da deputación, Jorge Pumar, destaca que estes proxectos “referendan o compromiso da Deputación de Ourense co tecido empresarial e co fomento do emprendemento”.

NOTICIA 02
NOTICIA 03
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 01


NOTICIA 13


NOTICIA 07
NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 05
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Está a favor o en contra de la ampliación de zonas azules en Ponferrada?A favor. Todos debemos de "sufrir" ese servicio.

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.