Num: 6693 | Viernes 5 de marzo de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

As empresas do sector da pizarra invisten máis de 718.000 euros na loita contra as enfermidades profesionais

En particular, traballase en previr a exposición ao pó e ao ruido

Pizarra / EBD

O sector pizarreiro galego traballa intensamente na loita contra as enfermidades profesionais, principalmente daquelas derivadas a exposición ao pó e ao ruído. Neste eido, o sector está a investir, ao abeiro dunha convocatoria de axudas convocada en 2020, un total de 718.624,69 euros. Desta cantidade, 396.069,24 euros proceden de axudas dispostas pola Vicepresidencia Segunda da Xunta e Consellería de Economía, tal e como consta no Diario Oficial de Galicia do pasado 5 de febreiro, e a cantidade restante foi disposta polas empresas beneficiadas

Así, a convocatoria de axudas do Goberno galego contribúe a sufragar sete proxectos de prevención de doenzas vinculadas á actividade laboral en seis empresas distintas do sector da pizarra.

Aposta pola seguridade laboral

Para o presidente do Clúster da Pizarra, Víctor Cobo, “a aposta pola seguridade laboral e pola saúde dos traballadores do sector constitúen duas premisas irrenunciables” e para iso “todas as axudas e subvencións públicas son benvidas”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.