Num: 6218 | Sábado 16 de noviembre de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Baltar afirma que os orzamentos da Deputación para 2020 “son os da débeda cero e da cooperación cos concellos”

Un ano máis, a institución provincial será a primeira de España en aprobar os seus presupostos –no pleno deste mes

Pleno extraordinario da Deputación de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que os orzamentos da institución provincial para 2020 –que se aprobarán no pleno ordinario do vindeiro 27 de setembro- “son os da débeda cero e os da cooperación cos concellos, e encaran os novos retos da provincia neste século XXI”. Un ano máis, a Deputación de Ourense será a primeira administración de España en aprobar os seus presupostos –que ascenden a 85,7 millóns de euros-, “pensados por e para Ourense e que reflicten a nosa realidade e fan posible as reivindicacións dos veciños da provincia”, afirma Baltar.

O presidente do goberno provincial considera que este traballo de anticipación e previsibilidade orzamentaria “ten que ver co cumprimento das directrices políticas que emanan do plan de mandato “Ourense 7273”. “Son os orzamentos –dixo- que nacen do rigor, da participación, e de escoitar a todos os representes de concellos e de entidades culturais, sociais e económicas da provincia”, unhas contas, expresou, “que van estar plenamente operativas o 1 de xaneiro de 2020 e que dan cumprimento a unha das actuacións previstas no plan Ourense 7273: que é que se aprobaran en setembro de 2019”.

Manuel Baltar destaca que é “un traballo de meses, de moito escoitar, con visión integral de provincia, pensado por e para a nosa provincia, con Ourense por riba de todo”. Por iso agradece “aos compañeiros do goberno provincial, tanto aos do grupo popular como aos do grupo de Democracia Ourensana, o seu labor e as súas achegas, esa cooperación cos concellos da provincia, coas entidades deportivas, culturais, económicas e empresariais, e con todo o tecido produtivo, que fai provincia día a día, e co que Deputación de Ourense é o mellor aliado para conseguir os importantes retos que temos por diante neste mandato que é o da chegada do AVE; do Centro Galego de Innovación na Formación profesional; do edificio “Provincia Intelixente”, e en semanas a Deputación tamén abrirá as súas novas dependencias no edificio central de Correos en Ourense.

“En definitiva –salienta Baltar-, moitos retos, unha máquina imparable de pensar en clave de Ourense, e uns orzamentos que reflicten esa realidade, descenden ao terro dos números, e fan posible as reivindicacións dos veciños da provincia”.

NOTICIA 02
NOTICIA 03
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 01


NOTICIA 13


NOTICIA 07
NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 05
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Está a favor o en contra de la ampliación de zonas azules en Ponferrada?A favor. Todos debemos de "sufrir" ese servicio.

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.