Num: 6927 | Lunes 25 de octubre de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Barco alberga un curso de prevención para traballos con amianto impartido polo Instituto de Saúde Laboral

Os interesados poderán presentar a súa solicitude ata o 12 de novembro, ben por correo electrónico, ou de xeito presencial

Edificio Multiusos de O Barco.

Os próximos 19 e 20 de novembro celebrase no Concello do Barco un curso de prevención de traballos con amianto, no que poderán anotarse ata 15 persoas maiores. O curso ten unha duración de 8 horas, e os interesados poderán presentar a súa solicitude ata o 12 de novembro, ben por correo electrónico, ou de xeito presencial, na planta baixa do Concello Vello.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) no seu plan de actividades para este ano 2021 recolle no seu eixe 5, a “promoción da prevención, mellora da xestión e redución da siniestralidade”. Trátase dun programa específico para traballos con risco de amianto, que inclúe o desenvolvemento de accións formativas en materia preventiva.

Para desenvolver destas accións este organismo impatirá en Galicia oito talleres de prevención de traballos con amianto, xestión, manipulación e tratamento, un dos cales terá lugar no Concello do Barco, se hai bastante demanda para poder facelo. Terá lugar no Salón de Actos do Edificio Multiusos, o vernes 19 de novembro, de 16.30 a 20.30 horas, e o sábado, 20 de novembro, de 9.30 a 13.30 horas.

A formación ten carácter presencial e gratuíta e está destinada a persoas maiores de idade que poidan atopar no seu traballo diario elementos que conteñan amianto, tendo prioridade na selección aquelas persoas con vinculación laboral e/ou formación na materia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.