Num: 6894 | Miércoles 22 de septiembre de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Barco suspende la programación cultural del Cristo

El Ayuntamiento ha tomado esta decisión tras el asesinato de una vecina del municipio el pasado viernes

O Barco
Concellodobarco.gal

El Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras ha decidido suspender la programación cultural de las fiestas del Cristo como medida de solidaridad tras conocerse que la muerte de una vecina del municipio sucedida el pasado 10 de septiembre se debió a un acto violento. De este modo, la corporación municipal ha aprobado la siguiente declaración institucional, consensuada por todos los grupos que integran el Pleno:

1.-O Concello do Barco quere mostrar a súa consternación pola morte violenta da nosa veciña Leticia Magali Sanabria este pasado venres na nosa localidade. “Rosi”, como a coñecían todos, chegou á nosa vila, procedente do seu país, buscando oportunidades e unha vida mellor e atopou unha morte horrible, que non merece ninguén. Os grupos políticos que integran a Corporación rexeitamos todo tipo de violencia, e esperamos que estes feitos non se volvan a producir nunca máis. O Barco é unha vila tranquila e toda a veciñanza está impactada por este crime, que queremos condenar de xeito firme. O Concello do Barco defende a liberdade, a plena cidadanía e a dignidade das persoas, e de maneira especial cando se agrava a súa situación por estaren en grupos de poboación de maior vulnerabilidade coma neste caso, moza e inmigrante.

2.- Queremos mostrar a nosa solidariedade e apoio á familia e amigos da vítima, aos que trasladamos as nosas condolencias. Poñémonos a disposición dos familiares e da embaixada de Paraguai para colaborar na medida das nosas posibilidades para que o corpo Rosi, como a chamaban todos, poida ser repatriado ao seu país de orixe, e cumprir así o desexo xa expresado pola súa familia.

3.-Pedimos prudencia e respecto para deixar traballar aos responsables dos corpos e forzas de seguridade do Estado, co obxectivo de conseguir que estes feitos podan resolverse o antes posible. Ante os rumores xurdidos nestes días respecto a esa investigación, pedimos á veciñanza que non se alenten bulos que poden facer un dano irreparable a outros veciños. Este concello espera que todo o peso da lei caiga sobre quen cometera este horrible acto.

4.-Dado que O Barco está a celebrar o Cristo, decídese tamén a suspensión de tódalas actividades do programa cultural elaborado para estes días, excepto as dirixidas aos nenos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.