Num: 7387 | Sábado 28 de enero de 2023
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Barco de Valdeorras e a súa riqueza turística e enogastronómica, presentes en Fitur

O xeodestino Trevinca Valdeorras presentou o Plan de Sustentabilidade Turística recentemente aprobado

Presentación de O Barco en el Camino de Invierno en Fitur.
Presentación de O Barco en el Camino de Invierno en Fitur. / Concello do Barco

O Barco de Valdeorras estivo presente este xoves na Feria Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra en Madrid. O xeodestino Trevinca Valdeorras presentou o Plan de Sustentabilidade Turística recentemente aprobado e que potenciará o enoturismo e o patrimonio natural e cultural da zona.

O Barco de Valdeorras e a súa riqueza turística, o Camiño de Inverno, os seus viños e o botelo foron protagonistas en Fitur, onde o alcalde, Alfredo García, estivo representando ao Concello, xunto ao resto de autoridades que asistiron á presentación.

O Plan de Sustentabilidade Turística de Valdeorras é un dos proxectos beneficiarios da II Convocatoria extraordinaria do programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino 2022, financiado integramente con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno do Estado.

Este Plan, presentado baixo o lema “Valdeorras, ruta do viño milenaria” suporá un investimento de 1,5 millóns de euros, co que se pretende mellorar a xestión de uso público de diferentes puntos de interese turístico, que permitirán un aproveitamento sostible e a posta en valor do patrimonio natural e cultural da comarca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2023 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.