O sábado 20 de outubro, ás 17 horas, na praza da Pedanía das Médulas, Concello de Carucedo, terá lugar a entrega dos I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo, coa participación de representantes das entidades organizadoras e do alumnado, un contacontos a cargo de Paula Carballeira e a celebración do Magosto popular. Amenizará a velada a orquestra "Os Pamplinas".
Ás 12 horas, celebrarase unha "reunión aberta" e unha posterior botelada, no Restaurante AGOGA. Para asistir á botelada é preciso confirmar asistencia antes do día 19 de outubro, no correo electrónico: premiosmorales@gmail.com
Máis información nesta ligazón: I Premios Morales
Interesante iniciativa e que gusto ver a lingua dos meus abuelos bercianos en internet nun medio dixital.
Enhorabuena! E vivan os pueblos do Bierzo e a súa cultura