Num: 5913 | Martes 16 de enero de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Con tres espectáculos para toda a familia finaliza o ano teatral no Barco

O venres 28 Elefante Elegante presenta Patapatúm, o sábado 29 o mago Cayetano Lledó traerá Le Cirque e o domingo 30 de decembro virá o Apalpador da man da Trastenda dos contos.


Patapatúm é a reflexión do Elefante Elegante sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Patapatúm é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada na música dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá.

Con Cayetano Lledó o espectador adéntrase no fabuloso mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia, Monsieur Lafayette. Unha invitación a sumerxirse no misterio e na maxia, cun espectáculo aclamado por multitudes de todo o mundo; a entrar no mundo dun heroe da escena moderna, que rescatou o cabaret para facelos emerxer con máis forza que nunca. Benvido ao circo!

O Apalpador é un personaxe mítico da tradición galega que estivo a piques de desaparecer, pero do que aínda quedan testemuños na zona do Courel e dos Ancares. Neste espectáculo de A Trastenda dos contos recibimos a súa visita para que nos conte quen é, cal é a súa orixe, a que se dedica no seu día a día…e o que é máis importante, que consellos temos que seguir para que cando nos visite nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe. Un personaxe entrañable que nos fará pasar sesenta minutos cheos de maxia.

Os espectáculos serán sempre ás 19 horas para nenos e nenas de todas as idades, para despedir o ano con arte e alegría.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: redaccion@elbierzodigital.com.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 07
NOTICIA 08
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Considera que Las Médulas están explotadas como recurso turístico del Bierzo?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 14


la viñeta
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 04
NOTICIA 05
NOTICIA 13
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.