Num: 6763 | Viernes 14 de mayo de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Concello e comerciantes organizan concursos virtuais para os Maios 2021 no Barco

O Concello do Barco quere que esta expresión da cultura local teña a repercusión que se merece e que os maios e as coplas estean presentes nas Redes

Maios no Barco de Valdeorras.

Este ano tampouco se poden celebrar Os Maios con normalidade. Pero, entanto, o Concello quere que esta expresión da nosa cultura local teña a repercusión que se merece e que os maios e as coplas estean presentes nas Redes, ese espazo de comunicación onde si é posible relacionármonos.

Invitámosvos a que fagades o voso maio na casa (de calquera tamaño e con material vexetal que teñades a man) e compoñades as vosas coplas (podédelas cantar e gravar en vídeo ou simplemente escribilas) e subilo ás vosas redes sociais, co cancelo #OsMaiosDoBarco, entre os días 30 de abril e 3 de maio.

Tamén podedes subir, eses días e co mesmo cancelo #OsMaiosDoBarco, fotos de representacións plásticas dos Maios e da súa festa (debuxos, pinturas, colaxes, …), fotos e vídeos dos Maios celebrados en anos anteriores e memes creados a partir de fotos, debuxos, vídeos… e que fagan referencia aos Maios do Barco e á súa festa.

Estas son as bases dos concursos:

1.- Poderán participar persoas de calquera idade que teñan a súa residencia no concello do Barco. A inscrición deberá realizarse no impreso dispoñible na páxina www.empresariosdevaldeorras.com. entre as 9 horas do día 30 de abril e as 14 horas do 3 de maio de 2021.

2.- Os participantes ademais de subir ás rr.ss. as súas creacións co cancelo #OsMaiosDoBarco deberán envialas co formulario de inscrición ou por correo electrónico a conta [email protected]

3.- Establécense catro categorías e outorgaranse os seguintes premios en forma de vales para gastar en calquera dos establecementos comerciais do Barco (incluídos os de restauración) que pertenzan a AEVA e ao CCA O Barco:

Maio tradicional, enxebre ou artístico (vídeo ou foto)

Maio construído consonte a tradición: con madeira, tea de saco, xestas, flores,…

• Primeiro premio: vale de 200 euros

• Segundo premio : vale 150 euros

• Terceiro premio: vale 100 euros

Maio (representación plástica ou meme)

Maio feito con elementos non vexetais ou meme relacionado cos Maios e á súa festa.

• Primeiro premio: vale de 75 euros

• Segundo premio : vale 50 euros

• Terceiro premio: vale 25 euros

Coplas cantadas (texto e vídeo)

Composición orixinal, escrita e cantada, en estrofas (mínimo 12) de catro versos nas que riman os pares.

• Primeiro premio: vale de 100 euros

• Segundo premio : vale 75euros

• Terceiro premio: vale 50 euros

Coplas escritas (texto ou meme)

Composición orixinal escrita en estrofas (mínimo 12) de catro versos nas que riman os pares ou meme.

• Primeiro premio: vale de 75 euros

• Segundo premio : vale 50 euros

• Terceiro premio: vale 25 euros

4.- Cada persoa poderá participar con tantas creacións como queira nas redes, pero só poderá presentar a concurso unha por categoría. Todas as creacións presentadas serán publicadas nas rr.ss. do concello do Barco e de AEVA e CCA O Barco.

5.- As decisións sobre os premios serán tomadas por un xurado do que formarán parte unha persoa en representación do Concello do Barco de Valdeorras, unha persoa da presidencia de AEVA/ CCA O Barco, unha persoa profesional da comunicación, unha persoa coñecedora da festa dos Maios e unha persoa do mundo cultural e artístico.

6.- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases. O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer o día 7 de maio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.