Num: 7624 | Viernes 22 de septiembre de 2023
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A DO Valdeorras detecta unha presunta fraude para a introdución de uva foránea nun local do Barco

O órgano de control do Consello Regulador sinala que trátase dun caso illado tras ponerlo en coñecemento da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Tractor cargado con uvas durante la vendimia
Tractor cargado con uvas durante la vendimia. / C. Sánchez

O órgano de control do Consello Regulador da DO. Valdeorras, independente do Pleno do organismo, denunciou a recepción de uva foránea nun local do Barco de Valdeorras. Tras detectar transporte de uva procedente dende o local, presuntamente non autorizado para a recepción deste produto, o órgano de control fai un seguemento e intervén a mercancía solicitando aos seus propietarios a identificación da súa procedencia.

Dende o órgano de control, ao detectar presuntas irregularidades, ponse en coñecemento da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, e do Seprona a situación e sinálase que se trata dun caso illado.

O Consello Regulador quere poñer en valor o exhaustivo traballo que realiza o órgano de control, especialmente durante vendima. Un labor que é fundamental para asegurar a procedencia e a máxima calidade da uva da comarca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2023 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.