O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras da por iniciada este mércores 21 de agosto a campaña de vendima 2024, data que celebra o 50º Aniversario do Plan Revival (Reestructuración de Viñedos de Valdeorras), que marcou un antes e un despois na forma de facer viño na comarca.
Para José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente da DO Valdeorras, “foi algo extraordinario para a nosa zona, foi o plan que cambiou a nosa viticultura e que, entre outras moitas cousas, recuperou a Godello para Valdeorras e para o mundo”.
Desenrolado en 1974 por un grupo de adegueiros, enólogos, viticultores, e viveristas, co apoio das Oficiñas Agrarias Comarcais de Valdeorras, o Plan Revival foi o motor do rexurdimento e desenrolo sostible da viticultura na comarca, consolidando a Valdeorras como unha referencia de calidade e tradición no panorama vitivinícola nacional e internacional.
Durante cinco décadas, conseguiu a revitalización dos viñedos, rescatando as variedades autóctonas que, hoxe en día, se converteron en emblemas da rexión. Exemplos delo son a Mencía ou a Godello, desta última, o rescate foi da súa práctica extinción.
Vendima 2024 en Valdeorras
A data de hoxe, 21 de agosto de 2024, converteu á DO Valdeorras na primeira Denominación de Orixe de Galicia en iniciar os traballos de vendima.
A adega Valdesil foi a que deu esta mañá o pistoletazo de saída ao comezo dos traballos na viña As Chas Vieja, en Portela de Vilamartín. A primeira uva en recolectar foi a Godello, que se empregará para elaborar un viño tostado.
A colleita deste ano anticípase “histórica e ideal”, con “unha maduración máis progresiva que a do ano pasado”. Así o asegura Santiago Pérez, técnico da D.O., que pon o acento ademáis de nunha climatoloxía favorable, no arduo traballo dos viticultores para evitar a aparición de enfermidades como o mildio ou o oídio.
Tras as primeiras medicións, os técnicos da DO falan de “grado de alcohol e acedume ideais”, datos que anticipan unha colleita de alta calidade e rendemento satisfactorios. “Os resultados prometen ser excepcionais, son un reflexo do que xa estamos vendo, nos numerosos premios que estamos obtendo, no récord de ventas; os nosos viños están mellor que nunca”, afirma Santiago Pérez.