Num: 6837 | Martes 27 de julio de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Concello expón para consulta pública o borrador do Regulamento de funcionamento das Escolas Deportivas Municipais

Ten a intención de proceder á súa aprobación nos próximos meses


O Concello do Barco de Valdeorras estivo a elaborar o Regulamento de funcionamento das Escolas Deportivas Municipais, e ten a intención de proceder á súa aprobación nos próximos meses. De acordo co previsto na normativa, acordase a apertura dun período de consulta pública á cidadanía, co fin de que, no prazo de exposición, podan presentarse suxestións ou achegas ao texto.

Por iso, ábrese o prazo de  20 días hábiles, contando dende o día seguinte ao da súa publicación na web municipal e a sede electrónica do Concello do Barco de Valdeorras (9 de xullo), para que tanto a veciñanza como as organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma, se poidan pronunciar sobre os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa; a necesidade e oportunidade da súa aprobación; os obxectivos da norma; e posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

As achegas e/ou suxestións deberán facerse chegar ao Concello do Barco de Valdeorras por escrito, tanto telemáticamente a través  da sede electrónica do Concello como presencialmente, no rexistro do Concello situado no primeiro andar do Edificio de Usos Múltiples.

O regulamento, no enlace:

 

https://www.sede.concellodobarco.org/transparencia/transparencia/exposicion

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.