Num: 5983 | Martes 26 de marzo de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Este venres, STRPTS / finde de tempada de cinema sticado no TLO

O colectivo Cinema Sticado presenta a Xosel Díez e Helena Varela nun espectáculo diferente: cine ao vivo ou teatro multimedia combinando diferentes técnicas. O venres 1 de marzo ás 21 horas


Este espectáculo os dous actores-manipuladores, todo o tempo en escena, recrean un xogo: o xogo de facer unha película, o xogo de crear unha realidade e ao mesmo tempo transformala. Crean a realidade dun mundo de cartón no que viven personaxes debuxados e recortados, e a crean a través da manipulación manual deses personaxes e outros obxectos, a crean, aparentemente, xogando. Transforman esa realidade ao proxectala, ao convertela nunha película, eles fan a captación desa realidade, e fan a montaxe visual, e fan a banda sonora, e as voces dos personaxes.

Mais nun momento dado ocorrerá unha revelación, eses actores-manipuladores non están realmente xogando. É máis, non son os verdadeiros donos dos seus movementos. E neste momento quedará patente o verdadeiro tema do espectáculo que xa anticipaba a película recreada: a manipulación.

Sinopse:

Dous frikis humanos teñen a misión de facer unha película, unha selva está a piques de desaparecer, dous fuxitivos agardan nunha casaillada, un ministro e o seu fillo ambicionan o poder, e no medio de todos eles…. un maletín.

O Colectivo Cinema Sticado continúa a xogar coa súa cacharrada analóxico-dixital para compoñer con intriga, humor e maxia unha aventura que xira en torno á manipulación e na que calquera parecido coa realidade é plenamente intencionado. Ou non.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: redaccion@elbierzodigital.com.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 13


PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 07
NOTICIA 08
NOTICIA 01


NOTICIA 04
NOTICIA 03
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que en el Bierzo se está realizando bien la transición energética?

Cargando ... Cargando ...
la viñeta
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.