Num: 6801 | Lunes 21 de junio de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Extenso programa de actividades para a celebración do Día das Letras Galegas

Este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias

Xela Arias

O Concello do Barco ten preparado un extenso programa de actividades para a celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, que este ano está adicado a Xela Arias.

As actividades de cine en galego comezaron o día 6, e este venres, día 14, ofrecerase a primeira das obras teatrais que se representarán no Teatro Lauro Olmo con motivo desta celebración, e que rematarán o 28 de maio.

 

Propostas no eido educativo

Desde o punto de vista académico, manteranse este ano citas habituais como a Xornada do Día das Letras Galegas, nas que desde a Consellería de Educación se ofrecerá ao profesorado non universitario ferramentas para abordar a figura da artista nas aulas ou o simposio organizado en novembro pola Xunta e a Real Academia Galega (RAG) centrado na súa figura e dirixido fundamentalmente a profesorado de lingua galega e literatura dos distintos niveis educativos.

Os equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos de Galicia tamén impulsan iniciativas e elaboran recursos para dar a coñecer a autora homenaxeada, a súa obra e o seu compromiso coa lingua galega. Unidades didácticas, calendarios, marcapáxinas, crebacabezas, presentacións, xincanas, exposicións, festivais, pasapalabras, vídeos, podcast, telexornais, cancións ou videopoemas son algunas das propostas que se van desenvolver en colexios e institutos de toda Galicia.

De maneira virtual, tamén se celebrará a iniciativa Xela Arias. Fotogalerías. Retratos de autor. Trátase dunha proposta que se poderá ver no Portal da Lingua Galega, que ofrecerá a partir de abril unha fotogalería con preto de 30 imaxes da poeta de Xulio Gil, autor dalgúns dos retratos máis coñecidos de Xela Arias. Estas imaxes completaranse cunha fotogalería inédita da infancia e adolescencia da autora para que o profesorado e o alumnado dos centros escolares galegos poidan utilizalas.

Na véspera do Día das Letras Galegas os supermercados Gadis de Galicia agasallarán a súa clientela, por calquera compra, cunha tirada de 30.000 libros en galego, 30.000 marcapáxinas e 60.000 bolsas de papel conmemorativas do 17 de maio. Ademais, a Vegalsa-Eroski e a Consellería de Cultura desenvolven un ano máis unha campaña para promover a celebración do 17 de maio nos seus establecementos comerciais a través de carteis e bolsas da compra conmemorativas para homenaxear a Xela Arias.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.