Num: 6038 | Lunes 20 de mayo de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Facenda reduce a un só exercicio as oposicións para cubrir 205 prazas de persoal subalterno, que se convocan hoxe no DOG

A Xunta introduce este cambio para axilizar todo o proceso. As persoas que queiran apuntarse teñen un prazo de 20 días hábiles desde mañá


As oposicións para cubrir 205 prazas de persoal subalterno e tres de ordenanza, que hoxe convoca o Diario Oficial de Galicia (DOG), terán un procedemento máis áxil, ao contar cun só exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. A Consellería de Facenda introduce este cambio respecto a anteriores convocatorias co obxectivo de axilizar todo o proceso, o que permitirá que as persoas que acaden unha praza de emprego fixo accedan antes á Administración autonómica.

Este exercicio, obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar un cuestionario de 60 preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das que 20 corresponderán á parte común do programa e 40 á parte específica. Como novidade nesta convocatoria, esta proba simplifícase polo que cada pregunta contará con tres respostas alternativas, das que só unha será a correcta. A realización deste primeiro exercicio non poderá ter lugar antes dos sete meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

Ademais desta proba obrigatoria, a convocatoria tamén inclúe unha segunda proba para evidenciar o coñecemento do galego, similar á que se realiza de xeito ordinario nas convocatorias de emprego público da Xunta. Deste exame quedarán exentas todas as persoas que acrediten o certificado Celga 2 ou equivalente.

Unha vez rematadas as probas correspondentes á fase de oposición, a Xunta de Galicia procederá a avaliar os méritos que acredite cada aspirante, toda vez que esta convocatoria realízase a través do sistema de concurso-oposición.

Prazo de 20 días para apuntarse

As persoas que queiran apuntarse nesta convocatoria teñen un prazo de 20 días hábiles, que empezará a contar a partir de mañá. Deben facelo constar no modelo de solicitude que se facilita gratuitamente na Internet, e aboar a taxa correspondente. As oposicións son de acceso libre e, polo tanto, poderase presentar calquera persoa que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria.

As persoas participantes deberán ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa. No caso das prazas de persoal laboral, os aspirantes deberán acreditar ademais, ter cursada a escolaridade obrigatoria no sistema educativo español.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 08
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que en el Bierzo se está realizando bien la transición energética?

Cargando ... Cargando ...
la viñeta
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.