Num: 6415 | Domingo 31 de mayo de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

ÚLTIMOS DATOS SOBRE CORONAVIRUS (COVID-19) EN CASTILLA Y LEÓN

POSITIVOS
25597
FALLECIDOS
2006
ALTAS
8231


Teléfono de atención 900 222 000

MÁS INFORMACIÓN

Feijóo reitera que “a elección prioritaria e única que temos neste momento todos os galegos é derrotar a pandemia”

Galicia rexistra un total de 239 casos infectados por coronavirus, 28 na área de Ourense

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantén unha videoconferencia cos representantes dos principais partidos políticos galegos / Xunta de Galicia

O presidente da Xunta reiterou este luns que “a elección prioritaria e única que temos neste momento todos os galegos é derrotar a pandemia”, e pide ao Goberno central que complemente as medidas no eido económico, laboral e social que se aprobarán no Consello de Ministros do martes.

Consciente de que a prioridade número un é a sanitaria, Feijóo aseverou que a primeira petición ao Goberno é que dote ás comunidades de equipamento, de produtos de protección e material de intervención necesarios. “E solicitamos tamén a ampliación do fondo de continxencia para o ámbito sanitario, xa que necesitamos un caudal de liña presupostaria para ir axustando o gasto ao orzamento adicional que necesitamos nos servizos sanitarios e sociais”, engadiu.

No tocante ás medidas financeiras, o presidente da Xunta fixo fincapé na necesidade da apertura de liñas de liquidez extraordinaria –unha liña de avais do ICO- e da flexibilización das regras fiscais; “ademais de coñecer os recursos financeiros que imos ter este ano, os recursos ordinarios”, dixo, destacando, tamén, a importancia de, unha vez superada a crise, facer balance do impacto financeiro, nas contas das administracións públicas.

Entre as medidas propostas en relación ao rural, Feijóo resaltou a prórroga de todos aqueles contratos que venzan durante a vixencia do estado de alarma –por exemplo, os contratos de recollida do prezo do leite-, e evitar así unha situación de interinidade para o agricultor ou gandeiro.

“En materia de transporte público, cremos necesario limitar a capacidade dos servizos de transporte público de viaxeiros por estrada, ferroviarios, aéreos e marítimos, así como un fondo de continxencia para evitar Ertes neste sector”, explicou, referíndose tamén aos subministros, sobre os que se propón ao Goberno central que no decreto se engada os servizos básicos de abastecemento e saneamento aos de subministro da enerxía eléctrica, xa que todos son básicos para a poboación.

Por outra banda, e para evitar a destrución do tecido produtivo durante a crise e permitir a súa recuperación cando volva á normalidade, reclama facilitar a liquidez nos sectores afectados, con tres grandes bloques de medidas: inxectar liquidez a todas as administracións públicas “para que poidamos non só non recibir ingresos dos impostos propios, senón aprazar taxas, prezos públicos e impostos”; unha liña do ICO e doutras institucións para achegar liquidez tamén ás administracións públicas; e aprazar sen custo o pago de cota de préstamos a empresas e autónomos.

En relación a este último punto, Feijóo destacou a necesidade de que se exima do pago do 100% da cota aos afectados, e estender esta tarifa plana de autónomos unha vez se decrete a fin do estado de alarma. “E tamén propoñemos outras medidas de apoio e de exención de pagos e impostos a traballadores por conta allea e empresas, con independencia do seu tamaño”, precisou.

Feijóo valorou a coincidencia maioritaria por parte dos grupos con representación parlamentaria na preocupación pola situación dos traballadores que poidan quedar afectados por esta crise; polos máis vulnerables –as persoas sen recursos, sen fogar-; e tamén polos profesionais da sanidade.

O presidente do Executivo galego aproveitou a rolda de prensa para reiterar o recoñecemento e agradecemento aos profesionais da sanidade; a todos os que están traballando para garantir os subministros; ás forzas e corpos de seguridade do Estado; e á comprensión e implicación do pobo galego. E garantiu o compromiso de que Galicia estará lealmente ao carón do Goberno de España, coordinados e sen siglas políticas.

“A loita contra esta pandemia non é que sexa xa unha prioridade: é a nosa única prioridade”, sentenciou, recordando que neste momento, en Galicia, hai 239 casos activos e tres falecidos.

Eleccións autonómicas 5A

No tocante ás eleccións autonómicas do 5 de abril, Feijóo anunciou que houbo consenso en que non se poden celebrar os comicios autonómicos nesa data. “Todos coincidimos en que estas eleccións non se poden celebrar en ningún caso na data inicialmente prevista”, abundou.

Co obxectivo de buscar unha fórmula, o presidente da Xunta confirmou que este martes volverá reunirse cos representantes dos principais partidos políticos galegos para avaliar unha proposta.

28 casos na área de Ourense

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 239, deles 80 son da área da Coruña, 16 da de Lugo, 28 da de Ourense, 26 da de Pontevedra, 46 da área de Vigo, 37 da de Santiago, e 6 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 9 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 181 no domicilio. Por outra banda, rexistráronxe xa as 4 primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; e tres falecementos. O último dos éxitus rexistrouse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Trátase dun varón, de 45 anos, e que tiña varias patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 1.680.

ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 02
NOTICIA 04
NOTICIA 06
NOTICIA 03
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Cree en la crisis económica tras el coronavirus?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 08
NOTICIA 09
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.