Num: 7271 | Martes 4 de octubre de 2022
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico volve ao Malecón

Contará cun amplo programa de actividades paralelas, entre elas un showcooking coa cociñeira Noelia Fernández, barquense con unha estrela Michelín

Malecón do Barco

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico celébrase na praia fluvial do Malecón de O Barco de Valdeorras os días 10 e 11 de setembro, e contará cun amplo programa de actividades paralelas, entre elas un showcooking coa cociñeira Noelia Fernández, barquense con unha estrela Michelín.

A Feira inauguraráse o sábado día 10 ás 12 da mañá, e estará aberta ao público os días 10 e 11 de setembro en horario de mañá de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, pola tarde. Nesta ocasión contarase coa presenza de 24 stands de produtores de Galicia e Portugal que presentan queixos, aceites, compotas, doces, mel ou viño, e tamén artesanía.

Entre os produtos que se poderán degustar no Malecón atópanse, entre outros, as  conservas da Mariña Central, mel da Serra da Enciña da Lastra, queixo artesanal da comarca da Limia, aceite de Tras-os-montes, setas shiitake ecolóxicas do Macizo central, cervexa artesá de Pontevedra, viño de Valdeorras e de Mirandela, embutidos de Galicia e Portugal, castañas da Cabeza Grande de Manzaneda, e moitos produtos máis que farán as delicias do padal do público asistente á feira. Tamén se porán a venda produtos de pastelería, como natas e doces tradicionais portugueses,  bicas de castañas do oriente ourensán, cosmética natural de Cea e conservas do Norte de Galicia.

A feira contará tamén cun amplo programa de actividades paralelas, con inscrición previa e prazas limitadas. Entre elas, obradoiros infantís de pintura e repostería e “Catas no Sil”, con degustación de produtos da feira, así como un showcooking en harmonía con viños de Valdeorras. O sábado 10, os obradoiros infantís de pintura (as 12 e ás 18 horas) estarán a cargo de “Deica Creacións”, artesán de Galicia, e o obradoiro de repostería (ás 19 horas) será dirixido pola valdeorresa “El mundo de Tara”. Estes obradoiros son gratuítos.

O domingo día 11 haberá unha degustación de produtos da feira, que dirixirá Cecilia Fernández, enóloga e xerente da “Viñoteca CF”. Será ás 12 horas, con inscrición previa e un prezo de 5 euros por persoa.  Unha das actividades máis destacadas desta feira é o showcooking “Maridaxe”, que será desenvolvido o domingo día 11, a partir das 19,30 horas, pola barquense Noelia Fernández Rey, xefa de cociña do Restaurante “La Tasquería” de Madrid -con 1 estrela Michelín- en harmonía con viños de Valdeorras, nunha cata dirixida por Jorge Mazaira, director técnico da Denominación de Orixe Valdeorras. Neste caso tamén é obrigada a inscrición previa, e o prezo é de 10 euros por persoa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2022 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.