As Festas do Cristo do Barco de Valdeorras celébranse este ano entre o 7 e o 14 de setembro, cun amplo programa para todos os públicos. Volven, tras dous anos sen festas do Cristo por mor da pandemia da Covid 19, as orquestras e verbenas, os fogos artificias, os concertos, as atracións, e as actividades deportivas.
Este ano a artista Lola Doporto será a pregoeira, e é tamén a autora da pintura que ilustra tanto o cartaz anunciador das festas como a portada do programa. Tamén inaugura unha exposición nestas festas, titulada “Á beira do Sil”.
Hai que destacar tamén os concertos, que ofrecerán Luar Na Lubre e Roi Casal, e a programación para o público familiar e os nenos, con moitas actividades.
Volven tamén no seu formato tradicional o Descenso do Sil, a Milla Urbana, o Madrugón e o Descenso Popular do Sil, previo ao oficial e que está aberto a todos os amantes do río Sil e o deporte.