Num: 7270 | Lunes 3 de octubre de 2022
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Volven as Festas do Cristo ao Barco

O Barco disfrutará dous anos despios con orquestras e verbenas, fogos artificias, concertos, atracións, e actividades deportivas

Festas do Cristo O Barco de Valdeorras

As Festas do Cristo do Barco de Valdeorras celébranse este ano entre o 7 e o 14 de setembro, cun amplo programa para todos os públicos. Volven, tras dous anos sen festas do Cristo por mor da pandemia da Covid 19, as orquestras e verbenas, os fogos artificias, os concertos, as atracións, e as actividades deportivas.

Este ano a artista Lola Doporto será a pregoeira, e é tamén a autora da pintura que ilustra tanto o cartaz anunciador das festas como a portada do programa. Tamén inaugura unha exposición nestas festas, titulada “Á beira do Sil”.

Hai que destacar tamén os concertos, que ofrecerán Luar Na Lubre e Roi Casal, e a programación para o público familiar e os nenos, con moitas actividades.

Volven tamén no seu formato tradicional o Descenso do Sil, a Milla Urbana, o Madrugón e o Descenso Popular do Sil, previo ao oficial e que está aberto a todos os amantes do río Sil e o deporte.

Consulta o programa das Festas do Cristo 2022

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2022 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.