Galicia rexistra un total de 178 casos activos por coronavirus

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais
Test rápidos de coronavirus en Atención Primaria / Concha Ortega

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 178, deles 31 son da área da Coruña, 106 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 18 da área de Vigo, 9 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 171 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.116 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 235.064.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.