O atletismo rinde homenaxe este sábado a Luis Nogueira no XXXII Campionato Galego Absoluto de Clubes de atletismo

Con esta cita, abrense as competicións de clubes, que logo terán continuidade coas distintas fases e grupos das ligas nacionais

O Estadio de Calabagueiros acolle este sábado o XXXII Campionato Absoluto de Clubes de atletismo,que se celebra por primeira vez desde o ano 2012. Con esta cita, abrense as competicións de clubes, que logo terán continuidade coas distintas fases e grupos das ligas nacionais, que darán comezo o vindeiro 24 de abril.

As seis da tarde do sábado celebrarase no mesmo lugar un pequeno acto de homenaxe ao atleta valdeorrés Luis Nogueira, que finou hai uns días e que foi un referente do deporte na comarca de Valdeorras.

A presentación, que se celebrou esta mañá no Salón de Actos do Concello do Barco, pode verse no seguinte enlace de youtube:

www.youtube.com/watch