A campaña de dinamización comercial e hostaleira “Máis Barco”, impulsada polo Concello do Barco de Valdeorras, arranca hoxe coa apertura do prazo para a adhesión dos establecementos comerciais e hostaleiros da localidade que queiran participar. A campaña e posible grazas a un convenio firmado entre o Concello e a Asociación Empresarial de Valdeorras e que supón unha apartación municipal de 115.000 euros. O obxectivo é que, por mor desta campaña, o comercio ingrese 250.000 euros.
Este obxectivo poderá ser unha realidade grazas á emisión de 5.000 tarxetas, cada unha delas cun saldo de 50€, dos que 20 serán aportados polo Concello, e que poderá gastarse exclusivamente nos establecementos do Barco adheridos á campaña.
A primeira fase, entre o 29 de decembro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021, será exclusivamente para a adhesión de establecementos, que só teñen que cumprir a condición de dispoñer de TPV e completar os datos do establecemento a través dun formulario que está a disposición nas páxinas do do Concello do Barco e da AEVA.
Posteriormente, abrirase o prazo para a solicitude da tarxeta por parte dos vecinos, que tamén deberán facelo a través da páxina web elaborada polo Concello do Barco para esta campaña: https://www.concellodobarco.gal/gl/mais-barco
O prazo para formalizar as solicitudes da tarxetas por parte dos veciños será do 7 ao 22 de xaneiro, ambos inclusive, a súa entrega realizarase entre o 15 de xaneiro e o 1 de febrero, e poderán ser utilizadas ata o 31 de marzo.