Num: 6289 | Domingo 26 de enero de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Máis de 250 persoas examinaranse mañá na primeira das probas para a habilitación de guías de turismo especializado en Galicia

A Xunta programa para mañá 3 de setembro o exame para obter a habilitación que lles permitirá realizar esta actividade profesional

Imagen de archivo de oposiciones / J. Formigo

A Xunta de Galicia celebra mañá martes 3 de setembro a primeira proba dos exames para a obtención da habilitación de guías de turismo especializados en Galicia. A convocatoria chega despois de ter aberto o pasado mes de maio o prazo para presentar a documentación correspondente, resultando máis de 260 as persoas admitidas para facer estas probas.

Este primeiro exame realizarase na Escola Galega de Administración Pública e consistirá nun cuestionario de preguntas tipo test sobre un temario referido á xeografía, historia e cultura galegas, así como a itinerarios e recursos turísticos na Comunidade ou sobre lexislación. Será unha proba eliminatoria que durará 90 minutos.

Os candidatos que aproben este exame, serán convocados en vindeiras datas para as seguintes probas, no caso de estar na obriga de facelas. De feito, os que optan a conseguir a súa habilitación por primeira vez poderán estar exentos da segunda proba –que consistirá nunha tradución galego-castelán e viceversa– se no momento de presentar a documentación para optar aos exames presentaron o certificado Celga 4 ou equivalente e, no caso de estranxeiros, copia do diploma de español de, como mínimo, nivel B2. Para a exención do terceiro exercicio deberan presentar a certificación expedida polo organismo competente nun nivel de coñecemento, como mínimo, ao nivel B2 dese idioma estranxeiro.

Os profesionais con habilitación en vigor como guías de turismo de Galicia que queiran ser habilitados para outros idiomas distintos aos que consten nela non terán que presentarse á proba de mañá e serán convocados nas próximas datas para superar as correspondentes probas do idioma para o que tivesen solicitado a ampliación. A listaxe de persoas admitidas e excluídas para a primeira proba e os detalles da convocatoria están dispoñibles en www.turismo.gal, no taboleiro de anuncios da Axencia Turismo de Galicia, en Santiago de Compostela, e nos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

Con esta nova convocatoria de exames, a Consellería de Cultura e Turismo dá resposta ao seu compromiso, recollido na Estratexia de Turismo de Galicia 2020, de velar pola profesionalización no eido turístico e pola calidade na atención aos viaxeiros. As persoas que superen as probas uniranse aos máis de 700 profesionais que contan coa habilitación de guías de turismo especializados en turismo de Galicia.

NOTICIA 02
empleO
ofertas empleo ponferrada
NOTICIA 03
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 04
NOTICIA 07
NOTICIA 01


la encuesta

¿Estaría a favor de una autonomía leonesa siendo provincia el Bierzo?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
NOTICIA 11
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 13


NOTICIA 08
NOTICIA 05
NOTICIA 06
NOTICIA 09
NOTICIA 12
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.