Num: 6453 | Miércoles 8 de julio de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Aberto o prazo de inscrición nos campamentos de verán da Xunta que contarán cun total de 6.872 prazas

A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e como novidade minicampamentos de cinco días e actividades nas residencias xuvenís de Lugo e Ourense


A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou esta mañá a campaña de verán para este 2020, que baixo o nome O verán que necesitas pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos de verán. A proposta de actividades, que comezarán na segunda quincena de xullo e se prolongarán ata comezos do mes de setembro, inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e como novidade, minicampamentos e prazas en residencia xuvenís.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá mañá martes e terá unha duración de sete días hábiles. A conselleira destacou que o número de prazas é inferior á de anos anteriores debido á limitación do aforo establecido polas autoridades sanitarias por mor da covid-19, pero que se conseguiu acadar unha cifra relevante grazas á incorporación de instalación como as diferentes residencias de tempo libre de Galicia.

Entre as novidades deste ano está o incremento da variedade das actividades con campamentos de cociña no Centro Superior de Hostalería de Galicia, campamentos vinculados ao ámbito aeronáutico, á tecnoloxía ou ao coidado do medio ambiente, a posibilidade de que entidades xuvenís e grupos de mozas e mozos poidan realizar actividades propias en residencias xuvenís de Lugo e Ourense e minicampamentos de cinco días, de luns a venres, en establecementos turíticos.

Así mesmo, Fabiola García sinalou que un ano máis poderán participar todas as mozas e mozos de Galicia con independencia das súas capacidades ou necesidades especiais. Neste sentido, lembrou que existe unha convocatoria específica para as persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos dotada este ano con 132 prazas.

A conselleira asegurou que este programa pretende agradecer a nenos e pais o esforzo realizado durante os últimos meses de confinamento. Baixo o nome O verán que necesitas, esta campaña permitirá darlle as familias un servizo de conciliación atendendo sempre ás medidas de hixiene e seguridade que require actual situación.

Por iso, esta decisión foi consensuada co Comité Clínico, o cal ve viable a súa realización sempre que se garantan as medidas establecidas polas autoridades sanitarias como a redución do aforo nas instalacións para garantir o distanciamento de 1,5 metros, o reforzo do persoal monitor, que permitirá traballar en grupos máis reducidos nas actividades e o incremento das medidas hixiénico sanitarias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: [email protected].

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 02
NOTICIA 08
NOTICIA 04
NOTICIA 06
NOTICIA 03
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Cree acertado suspender por precaución las fiestas de la Encina?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 09
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.