Num: 6597 | Domingo 29 de noviembre de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Manuel Baltar convocará para o 17 de novembro o pleno do debate sobre o estado da provincia

A Xunta de Goberno aprobou, na reunión celebrada por videoconferencia, achegas por importe de máis de 730.000 euros para obras


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, convocará para o vindeiro 17 de novembro o pleno do debate sobre o estado da provincia, correspondente ao ano 2020. Os portavoces dos grupos políticos da institución provincial foron informados  sobre a data do debate, na reunión que celebraron no Pazo Provincial.

O debate terá un formato similar ao que se vén desenvolvendo nestes anos, respectando nesta edición as normas de prevención fronte ao COVID-19, e será o sexto, tralos que tiveron lugar en 2014, 2016, 2017, 2018 e 2019 –en 2015 non se celebrou por coincidir en período pre-electoral-, sendo a Deputación de Ourense o primeiro goberno provincial de Galicia e un dos primeiros de España en realizar un debate destas características.

Esta iniciativa, contemplada no Código Ético e de Conduta da institución provincial, “incide no compromiso de goberno aberto e transparencia coa cidadanía por parte da Deputación de Ourense, por medio dun debate plenario para analizar a situación actual da provincia e os proxectos e propostas dos grupos políticos na corporación provincial”, afirma o presidente Baltar.

Xunta de Goberno

Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou, na reunión celebrada por videoconferencia, achegas por importe de máis de 730.000 euros para obras de remodelación, saneamento e mellora de estradas en diferentes concellos da provincia: O Bolo, Toén, Monterrei e Riós, ademais proxectos culturais e de servizos sociais, e a modificación do Plan provincial para a ampliación da rede de saneamento en Sobrado, no Concello de Barbadás.

Dentro do apartado cultural, a xunta de goberno deu luz verde a unha subvención en favor da Corporación Radio e Televisión de Galicia para a colaboración na serie de ficción “Lobos e Cordeiros”, por importe de 300.000 euros, e outra subvención para a Fundación Gavela para servizo de protección xurídica para persoas con discapacidade por enfermidade mental, por importe de 60.000 euros.

Tamén aprobou a simplificación na xustificación do concurso público para a concesión de subvencións a clubs deportivos e para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas, correspondentes ao exercicio 2020, e a subvención directa de 3.000 euros por razóns de emerxencia social para reconstrución dunha edificación no Concello de Cualedro.

NOTICIA 04
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 02
NOTICIA 01


NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree justas y adecuadas las protestas de sectores como hostelería, autónomos y demás, por las medidas anticoronavirus?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
NOTICIA 03
ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 11

NOTICIA 07
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.