Num: 5945 | Sábado 17 de febrero de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Medio Ambiente somete a consulta pública a futura Lei de pesca fluvial

Co fin de actualizala ante retos como o furtivismo e a seca


Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de abrir o proceso de consulta pública previa sobre a futura Lei de pesca fluvial, o primeiro paso na tramitación dunha normativa que pretende actualizar e mellorar a actual, en vigor desde o ano 1992. Así o avanzou a conselleira Ángeles Vázquez durante unha visita ao refuxio de pescadores de Ponte Castro, no Concello de Boimorto, onde precisou que todos os colectivos e cidadáns interesados en presentar as súas achegas para a elaboración do novo texto terán de prazo ata o 15 de febreiro.

Tras facer un chamamento a pescadores e cidadanía en xeral a implicarse na elaboración da futura lei, Vázquez Mejuto recalcou que o obxectivo do seu departamento é conseguir un texto normativo “o máis consensuado posible”. Así, anunciou que unha vez pechado este trámite previo, a intención da Consellería de Medio Ambiente é abrir unha rolda de contactos e reunións con diferentes colectivos, entidades, universidades e particulares que teñan algo que aportar para enriquecer o documento definitivo.

Todos estes contactos contribuirán, segundo dixo, a que Galicia se dote dunha ferramenta útil, moderna e adaptada ás previsións fixadas polas normativas estatal, comunitaria e autonómica en materia piscícola e ambiental e capaz de afrontar os principais desafíos aos que se enfronta un sector clave para a comunidade.

Entre estes retos, a conselleira salientou en particular o furtivismo, a seca e a posta en marcha de actuacións que beneficien á riqueza ictícola das augas fluviais galegas. Na mesma liña, tamén se referiu á necesidade de compatibilizar a práctica da pesca fluvial coa preservación de determinadas especies presentes nos nosos ríos a través da promoción da investigación nesta materia e da sensibilización da sociedade sobre o que representa esta actividade en si mesma e a súa vertente ambiental, social e económica.

Así mesmo, precisou que a tramitación da nova lei será unha boa oportunidade para abordar e resolver outras cuestións claves para o sector como a regulación da licenza de pesca fluvial en Galicia, a introdución de instrumentos de planificación para aproveitar os recursos pesqueiros ou o deseño dunha estratexia axeitada para a repoboación piscícola.

Xunto ao cambio normativo en materia de pesca fluvial no que traballa nestes momentos a Xunta, Ángeles Vázquez incidiu tamén na importancia dos investimentos e das axudas habilitadas polo seu departamento co fin de favorecer o asentamento da pesca en Galicia como unha actividade lúdico-deportiva. Neste sentido, referiuse en concreto ás obras de acondicionamento do refuxio de Ponte Castro e da súa área recreativa, actuacións nas que a Consellería de Medio Ambiente investirá en total 16.000 euros e que, tal e como adiantou, estarán rematadas en cuestión de días, garantindo a total accesibilidade ao couto a través de novas sendas e do camiño que conduce ao río Tambre.

Nova tempada

Por último, a responsable galega de Medio Ambiente tamén aludiu á próxima tempada de pesca, que arrincará oficialmente o 17 de marzo. Ao respecto, avanzou que este mércores sairá publicada no DOG a orde pola que se fixan as normas reguladoras da pesca en augas continentais da comunidade para o período que vai de marzo a xullo, durante o que se traballará co obxectivo de incrementar as licenzas de pesca deportiva e garantir o relevo xeracional necesario para o futuro dun sector tan importante en Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: redaccion@elbierzodigital.com.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 14


PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 07
NOTICIA 08
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que la Ciuden con el nuevo Gobierno se impulsará?

Cargando ... Cargando ...
la viñeta
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 04
NOTICIA 05
NOTICIA 13
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.