Num: 6131 | Miércoles 21 de agosto de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Medio Rural destina na provincia ourensá máis de 3,3 millóns de euros no Plan marco bianual de melloras de camiños municipais

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, supervisou en Cartelle actuacións executadas ao abeiro da pasada convocatoria deste programa de axudas e analizou a que vai realizar


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse ata o concello de Cartelle e analizou xunto co alcalde deste municipio ourensán, Jaime Sousa, o proxecto que vai a executar ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais da Consellería do Medio Rural 2019-2020. En total, este programa da Consellería do Medio Rural está previsto que realice obras nos concellos da provincia de Ourense por un importe de 3.387.361 euros.

A representante do Goberno galego indicou que as axudas outorgadas ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños están destinadas a ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal de tódolos concellos de Galicia, co obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural.

Cartelle solicitou con cargo a este programa a concesión dunha axuda para mellorar os camiños municipais que unen os núcleos de As Maravillas e Ulfe e o de Muntián co de Freixoso. A actuación consistirá no asfaltado do firme deteriorado e na limpeza das cunetas. Así, Medio Rural aprobou este proxecto que conta cun investimento total de 43.000 euros, distribuídos en dúas anualidades, dentro do obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros fins o da cohesión territorial.

Esta actuación súmase á executada a cargo do plan 2018-2019, que contou cun investimento de 43.000 euros e que se executou en dous camiños veciñais: o de acceso a Sabucedo de Montes, nos case 400 metros que ten de lonxitude e que consistíu na mellora do seu firme; e no de acceso a Muntián, que tamén viu mellorado o seu firme ao longo dos seus 685 metros de lonxitude e no que, ademais, se levou a cabo unha limpeza de gabias.

A delegada territorial subliñou que grazas a este programa facilítase a accesibilidade a predios e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación. Díaz Mouteira explicou que o reparto destes fondos fíxose de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación, superficie ou a ruralidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: redaccion@elbierzodigital.com.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que el servicio de autobús urbano de Ponferrada debe municipalizarse?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.