Num: 7624 | Viernes 22 de septiembre de 2023
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Barco acolle a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico

20 casetas exporán e venderán os seus produtos expositores procedentes de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor, en Portugal, e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e a comarca de Trives

Feira de Productos do Eixo Atlántico celebrada en Santiago de Compostela
Feira de Productos do Eixo Atlántico celebrada en Santiago de Compostela. / Xunta de Galicia

O Barco acolle esta fin de semana a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, que celébrase na Praza do Concello os días 2 e 3 de setembro, con case que 20 casetas nas que exporán e venderán os seus produtos expositores procedentes das Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor, en Portugal, e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e a comarca de Trives, en Galicia.

Entre a oferta presente na feira haberá queixo, mel, aceite, licores e embutidos de Galicia, de alta calidade e elaborados de forma tradicional en municipios do noroeste peninsular ubicados principalmente no rural. Entre os produtos dispoñibles na Feira haberá tamén postres portugueses como os bolos, a torta de Viana ou os pasteis de nata. Na zona de degustación, os visitantes terán a oportunidade de probar diferentes produtos, entre eles o caldo verde, o sandes de polo e porco e as moelas, pratos típicos portugueses.

Durante os días de celebración da Feira, que abrirá as súas portas de 11 a 14 horas, por la mañá, e de 17 a 21 horas, pola tarde, celebraranse diferentes actividades musicais e lúdicas.  Tanto o sábado como o domingo haberá obradoiros, un de ensamblaxe de mini carros de madeira coa empresa Artesanía Enxebre, e outro de torno de barro cos artesáns de Ceniza de Papel, ambas amparadas en Artesanía de Galicia. Os interesados en participar nos obradoiros deberán anotarse nas casetas dos artesáns.

As 20.00 horas do domingo 3 de setembro, a enóloga Cecilia Fernández dirixirá unha cata maridada con degustación de produtos do Eixo Atlántico. O aforo será limitado, e os interesados poderán anotarse previamente no mail infoturismo@concellodobarco.org,  e tamén na propia feira. Por último, no apartado musical está prevista actuación no recinto do grupo Iker Piris & His Dual Electras, o domingo ás 13 horas.

Feria Eixo Atlántico O Barco 2023

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2023 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.