Num: 6693 | Viernes 5 de marzo de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Barco amplía a este ano a suspensión da taxa de terrazas

Dado que o ano pasado tamén se suspendeu o cobro, a decisión supón que este sector económico deixou de ingresar máis de 30.000 euros ao concello por este concepto entre este ano e o anterior

Terraza en el Malecón

A situación de crise sanitaria que se vive nestes momentos tamén provocou que varios hostaleiros da localidade propuxeran ao goberno local proxectos para protexer as terrazas das inclemencias climatolóxicas e permitir así que a súa actividade poda desenvolverse durante todo o ano, en vez de nos meses de verán como ocorre polo de agora. A ordenanza actual xa permite este tipo de instalacións, sempre que só pechen tres laterais, e que os peches sexan sempre móbiles e teñan 1,50 metros de altura. Tamén se permiten parasoles, e estufas de exterior debidamente homologadas. Nas estruturas de peche móbiles poden instalarse plantas que dean as terrazas un aspecto agradable.

Para poder facer os peches, os interesados terán que presentar ao Concello a correspondente solicitude, cunha descrición dos elementos que se utilizarán no espazo, e todas serán estudadas pola policía local, que emitirá un informe como paso previo á súa aprobación. O Concello considera necesario manter unha estética que permita que os espazos resulten atractivos para todos.

Tamén se estudarán solucións, de xeito individual, para os establecementos de hostalaría que non teñen espazo para as mesas e cadeiras nas beirarrúas, e que teñen que utilizar aparcadoiros para poder manter a súa actividade. Neste caso, seguirá a permitirse a ocupación destes espazos nas rúas de titularidade municipal, sempre buscando tamén manter unas características estéticas mínimas na proposta que presenten os hostaleiros.

Será preciso modificar a ordenanza fiscal das terrazas para contemplar as situacións xurdidas nos últimos meses e adaptala ás novas necesidades. A proposta da alcaldía foi aprobada por unanimidade na Comisión Informativa de Obras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.