Num: 6763 | Viernes 14 de mayo de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Barco abre unha oficina para a promoción de produtos e dinamización turística

A posta en marcha deste servizo foi posible pola inclusión do proxecto no programa europeo Interreg, a través do Eixo Atlántico

Oficina para a promoción de produtos e dinamización turística do Barco.

O Barco ten desde hoxe unha oficina para a dinamización turística e de produtos tradicionais. Situada nos baixos do Edificio Multiusos do Concello, ten entrada desde a Praza de Abastos e tamén desde a Rúa Marcelino Suárez. A posta en marcha deste servizo foi posible pola inclusión do proxecto no programa europeo Interreg, a través do Eixo Atlántico, organismo do que forma parte o Concello do Barco.

A oficina terá o acometido de relacionarse de forma activa cos axentes que traballan na promoción de produtos e a dinamización turística. O sector do viño, os produtores, os establecementos de restauración e hostalaría ou as empresas de turismo activo e enoturismo son algúns deses axentes cos que se quere traballar de xeito constante. Tamén se porá en contacto aos usuarios ou posibles visitantes coas empresas da zona para informarlles sobre onde aloxarse, comer ou realizar actividades de ocio. A información turística e a posta en marcha de proxectos para a revitalización da praza de abastos son outros dos obxectivos da oficina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.