Num: 7391 | Miércoles 1 de febrero de 2023
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Barco licita a renovación de firme en rúas e viais do municipio

A inversión total é de 401.300 euros para realizar actuacións en 13 viais

O Barco de Valdeorras
Concello do Barco de Valdeorras

O Concello do Barco sacou a concurso dous proxectos para a renovación de firme en varias rúas da localidade do Barco, así como en diferentes poboacións do municipio. En total, a inversión é de 401.300 euros, e as empresas interesadas na execución das obras poden presentar as súas ofertas ata o 26 de outubro.

O proxecto con máis orzamento é o denominado “Renovación do firme en diferentes rúas do Barco de Valdeorras”, cun orzamento de execución de 215.600 euros. As obras consistirán no acondicionamento das seguintes rúas: Río Galir, Río Miño, Río Mariñán, Ourense, A Rampa, Ramón y Cajal, Estación, Eloy Rodríguez Barrios, Cantón e José Otero. As obras teñen un prazo máximo de execución de catro meses desde a firma do contrato.

O outro proxecto obxecto de concurso é o de “Renovación do firme en diferentes viales do municipio”, cun orzamento de execución de 185.700 euros. Neste caso, o prazo de execución é de tres meses desde a firma do contrato, e as obras consistirán no asfaltado da estrada entre Vilanova e Forcadela, e estrada de Vales a Cesures e a travesía en Xagoaza.

© 2023 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.