Num: 6133 | Viernes 24 de agosto de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O ciclo de perto remata no castro cun concerto de Fred Martins

O cantautor brasileiro, con sete álbumes editados, é un compositor de primeira liña, admirado dentro e fóra do seu pais. Ofrecerá o concerto co que finaliza a sétima edición do ciclo De Perto. ao pé do castelo do Castro o venres 19 de xullo ás 22.30 horas


Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins ofrece un repertorio autoral moi variado e moi relacionado coa tradición musical da artesanía da canción no Brasil. A súa musica dialoga co samba e a bossa nova, mesturando tamén elementos doutros estilos e incursións pola world music. Dono de creatividade e ritmos bastante particulares, Fred Martins é recoñecido pola crítica como un dos maiores compositores de súa xeración.

Fred Martins desenvolveu unha relación especialmente profunda coa música brasileira ao transcrever, durante dez anos, partituras de compositores como Chico Buarque, Noel Rosa, Tom Jobim, Caetano Veloso e Gilberto Gil para os famosos songbooks producidos por Almir Chediak.

Discos como o seu debut “ Janelas” ( Deskdisk), que cumpre no 2011 xa unha década do seu lanzamento, o popular “ Guanabara” (Tratore Music Brasil), onde volvía recrear con particularísimo estilo a música popular do seu país, bossa e samba, ou o recente “Acróbata” ( aCentral Foque) en colaboración coa cantante galega Ugía Pedreira, teñen encumbrado a Martins como unha das figuras e das voces máis coñecidas dos novísimos cultivadores da música brasileira.

O talento do compositor foi tamén recoñecido polo prestixioso Premio Visa da música brasileira (9 ª edición, 2006), que lle atribuíu o premio máximo de Mellor compositor, por votación unánime do xurado e do público.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que el servicio de autobús urbano de Ponferrada debe municipalizarse?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.