Num: 6803 | Miércoles 23 de junio de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Clúster da Pizarra e a Ruta do Viño de Valdeorras fixan as bases para unha colaboración continuada

Centrarán os seus esforzos en explotar o potencial turístico de Valdeorras


O xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González, mantivo esta mañá na sede do organismo unha xuntanza co presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, e a súa vicepresidenta, Montserrat Rodríguez. Á xuntanza, que serviu para sentar as bases dunha colaboración máis continuada entre ambos os organismos, asistiu tamén a técnica da Ruta do Viño, Cristina Núñez.

Tal e como destacou González ao finalizar a xuntanza “foi unha reunión produtiva de traballo” entre dous organismos “que teñen moito que dicir na economía de Valdeorras”. “Establecer sinerxias e promover proxectos de colaboración en común entre o Clúster da Pizarra e a Ruta do Viño foi o obxectivo desta primeira xuntanza”, asegurou Severino González. “O obxectivo é poñer en valor o noso potencial turístico conxunto, tanto dende o ámbito industrial como dende o enoturístico”, abondou.

O presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, pola súa parte, afirmou que “queremos comezar unha relación estable e continuada, que desenvolveremos en base a un convenio que redactaremos nos próximos meses”.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.