Num: 6600 | Miércoles 2 de diciembre de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O Concello de O Barco e o centro comercial aberto poñen en marcha unha campaña de dinamización

Trátase dunha actividade que terá lugar durante o mes de agosto, e que busca dinamizar o sector e contribuír á recuperación da vida económica e social


O Concello de O Barco e a asociación Centro Comercial Aberto unen esforzos para apoiar o sector comercio e hostaleiro da cidade, afectado pola crise que deixou a pandemia de Covid-19. Xuntos lanzan a campaña “Entretendas O Barco”.

“Entretendas O Barco” celebrarase os días 7 e 21 de agosto pola tarde, de 18 a 20:30 horas, e obrigará á reestruturación do tráfico en varias das principais arterias da vila, coa intención de que os peóns poidan ocupar parte da vía pública e camiñar polo O Barco con máis seguridade e confianza.

O 7 de agosto, a actividade desenvolverase na rúa Conde Fenosa, no tramo comprendido entre a rúa Castelao e a Avenida da Estación, e o 21 de agosto modificarase o tráfico nas rúas Doctor Pérez Lista e Academia Dequidt, así como na Avenida Marcelino Suárez, no tramo entre a Avenida da Estación e a rúa España.

Esta ampliación de zonas peonís permitirá por en marcha dous actuacións para público familiar e infantil. O Grupo “Troula” trae a O Barco o seu espectáculo de zancudos “Benito e Rufina” o 7 de agosto, con dous pases a partir das 18:00 horas, e estreará o seu novo espectáculo, “Un caso estraño do dentista da rúa Brasov” o 21 de agosto, cun pase ás 19: 00h.

Ademáis, e co obxectivo de incentivar as compras durante a tempada de rebaixas, o Centro Comercial Aberto sorteará catro vales de compra de 25 euros cada un, a través de Facebook, e sortearanse diferentes agasallos -doados polos comerciantes asociados- entre os usuarios da rede social.

NOTICIA 04
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 02
NOTICIA 01


NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree justas y adecuadas las protestas de sectores como hostelería, autónomos y demás, por las medidas anticoronavirus?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
NOTICIA 03
ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 11

NOTICIA 07
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.