Num: 6456 | Sábado 11 de julio de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O DOG publica a resolución que establece a reposición do 100% dos servizos de autobús dentro dunha mesma provincia a partir de mañá

O obxecto desta resolución é garantirlle á cidadanía o acceso aos principais servizos básicos e aos centros e traballo

Marquesina galega / Xoán crespo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade que establece que a partir de mañá, día 1 de xullo, deberán repoñerse o 100% os servizos de autobús de competencia autonómica que se realicen dentro dunha mesma provincia. No caso dos servizos que operen entre provincias, a oferta de expedicións debe situarse, como mínimo, no 80%.

O obxecto desta resolución é garantirlle á cidadanía o acceso aos principais servizos básicos e aos centros e traballo, unha vez superadas as restricións de mobilidade derivadas da covid-19. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información: https://xurl.es/zjsr2

Así, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa a recuperación dos servizos públicos de transporte de viaxeiros de titularidade autonómica, de xeito que acaden a súa normalidade plena os servizos intraprovinciais e os interprovinciais dean o paso a un nivel de prestación equivalente ao que actualmente xa estaban a prestar os primeiros.

De acordo coa resolución publicada hoxe, o volume dos servizos de autobús que desenvolvan a súa actividade dentro dunha mesma provincia deberán prestarse segundo as condicións das concesións e contratos vixentes, recuperando así o 100% da oferta.

En canto os servizos públicos de transporte de viaxeiros de uso xeral que teñan tráficos interprovinciais, as concesionarias deberán adaptar tamén a súa oferta para a prestación dun mínimo do 80% dos servizos que deberían prestar en condicións de normalidade. O obxectivo é garantir á cidadanía o acceso aos principais servizos básicos e centros de traballo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade desenvolve así as medidas aprobadas na orde aprobada o pasado día 6 de maio para os servizos de transporte público de viaxeiros de titularidade autonómica, co obxectivo de realizar unha transición progresiva ao levantamento das restricións por mor do covid-19.

Ocupación dos taxis

En canto aos servizos de taxis, o pasado sábado publicouse unha orde da Consellería de Sanidade pola que, entre outras cuestións, se flexibiliza a ocupación dos transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor.

Segundo se establece nesta orde, permítese a ocupación de todas as prazas de taxi e vehículo de turismo con condutor, incluído o asento contiguo ao condutor: poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo, aínda que sempre se ocupará en último lugar as prazas da fila do condutor. Mantense o uso obrigatorio de máscaras por todos os ocupantes, tal e como rexe no transporte público en xeral.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: [email protected].

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 02
NOTICIA 08
NOTICIA 04
NOTICIA 06
NOTICIA 03
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Cree acertado suspender por precaución las fiestas de la Encina?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 09
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.