Num: 6042 | Viernes 24 de mayo de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O DOG publica hoxe a resolución das axudas a programas de promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero

As axudas están destinadas a entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero na nosa Comunidade

Closeup shot of two unidentifiable people holding hands in comfort

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2018, que contan cun orzamento de de 457.067 euros.

As axudas están destinadas a entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, na nosa comunidade. Están destinados a mulleres, en especial aquelas en situación de vulnerabilidade, vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e aos seus fillos, a mulleres mozas e mulleres que residen no ámbito rural.

As liñas que serán obxecto de axudas son, por unha banda, actuacións no ámbito da promoción da igualdade entre mulleres e homes, con programas que fomenten a igualdade real e efectiva, para lograr a eliminación de estereotipos de xénero que conducen a que as mulleres padezan unha situación de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, económico, político e cultural. Esta liña conta cun orzamento de 227.444 euros e foron beneficiada 21 entidades.

Por outra banda, fináncianse accións de prevención e loita contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas, cun orzamento de 229.622 euros, os programas de acollida e aloxamento que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillos e fillas, os programas de apoio e tratamento dirixidos especificamente a mulleres vítimas da violencia de xénero con outras problemáticas asociadas, principalmente toxicomanías e/ou enfermidade mental, incluído o aloxamento, aos grupos de mulleres vítimas da violencia de xénero especialmente vulnerables, como mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, mulleres maiores, mulleres que residen no medio rural, mulleres inmigrantes, e mulleres pertencentes a minorías étnicas, especialmente entre a mocidade e no ámbito rural. Nesta liña, contan con axudas un total de 19 entidades.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 08
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que en el Bierzo se está realizando bien la transición energética?

Cargando ... Cargando ...
la viñeta
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.