Num: 6353 | Lunes 31 de marzo de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

ÚLTIMOS DATOS SOBRE CORONAVIRUS (COVID-19) EN CASTILLA Y LEÓN

POSITIVOS
5801
FALLECIDOS
516
ALTAS
1028


Teléfono de atención 900 222 000

MÁS INFORMACIÓN

O Sergas reforza o persoal destinado a recoller mostras de coronavirus a domicilio

En total, incrementa en 60 efectivos destinados a estes servizos

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asiste á reunión da Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus e outras enfermidades emerxentes. Sala 3.2. do Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade.

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa anunciou hoxe, tras unha xuntanza da Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19, que o Sergas ven de reforzarse con 60 profesionais máis para facer fronte ao coronavirus. Polo de agora estes reforzos están destinados aos equipos que recollen mostras para analizar a domicilio; os servizos de prevención dos hospitais e os de microbioloxía que realizan as probas; e para a atención telefónica do 061.

Dende o Sergas lémbrase que a Consellería de Sanidade vén de poñer a disposición da poboación o teléfono 902 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto. En calquera caso, para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas. Polo de agora recibíronse 656 chamadas nestas liñas.

Sanidade remarca que hai un procedemento específico para as persoas que sospeiten terse contaxiado co coronavirus. É importante que se contacte por vía telefónica con servizos sanitarios para que un equipo, formado por persoal de enfermería e persoal auxiliar, poda recoller mostras para analizar no seu domicilio, evitando en caso de infección a propagación do virus.

Protocolos

Desde o comezo da alerta consensuouse un protocolo de actuación entre o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas, que a Consellería de Sanidade xa trasladou ás xerencias das áreas sanitarias, incluíndo definición de caso sospeitoso e criterios de actuación, que se está a actualizar periodicamente en función da evolución do abrocho e do coñecemento que se vai xerando.

Ademais, tamén se enviaron os protocolos, adaptados á nosa estrutura asistencial, que están dispoñibles na web da Consellería de Sanidade, no apartado de saúde pública. Estes protocolos detallan todos os pasos para facer a vixilancia e control en Galicia, cómo actuar na detección de casos e o seu manexo, a toma e manexo das mostras obtidas dos pacientes e cómo elaborar as enquisas de cada caso para facer un seguimento.

Tanto o Sistema de Alerta Epidemiolóxica de Galicia como o sistema asistencial teñen definidos protocolos de actuación claros e teñen capacidade demostrada para o seu manexo.

Estes protocolos iranse adaptando segundo estea dispoñible nova información que o aconselle, tanto no tocante á definición da sospeita de enfermidade como nos criterios de manexo dos casos e dos seus contactos.

Recomendacións

A Consellería de Sanidade volve reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembra que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: [email protected].

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 03
empleO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 04
NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Cree que la Mesa por la provincia de León va a lograr revulsivos para la zona?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
NOTICIA 11
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 13


NOTICIA 08
NOTICIA 06
NOTICIA 09
NOTICIA 12
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.